Mostrando entradas con la etiqueta menú saludable. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta menú saludable. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de abril de 2022

Pasapalabra sobre Alimentación saludable



En el año 1948 la Asamblea Mundial de la Salud proclamó el 7 de abril como

Día Mundial de la Salud, para generar conciencia sobre las enfermedades mortales mundiales y fomentar hábitos sanos en las personas.

En la CiberCaixa Mallos propuse  esta semana diferentes retos para conocer cómo es la  alimentación saludable. 

En este juego podréis comprobar cuanto sabéis sobre el tema. ¿Queréis intentarlo
?

 

martes, 5 de abril de 2022

Imos de compras!



RETO 1


Para distinguir entre alimentos saudables e non saudables imos encher o carro de alimentos.
 Preparados/ as?

RETO 2



Se pos imaxinación comer saudable pode ser divertido. Que pensas?

Tentade facer algunha de estas recetas na casa!!!





RETO 3

Aos nenos encántavos a pasta e é bo que a comades, pero tamén é importante saber que para crecer sans e fortes hai que tomar outros alimentos.
Imos ler o conto “O neno que só comía espaguetis”  no que  se explica  dunha maneira moi sinxela que son os hidratos de carbono, porque hai que comer verduras e froitas… E, sobre todo, que comer non é un xogo pero pode ser divertido…

Estade moi atentos! A alimentación é moi importante!



El niño que solo comía espaguetis

jueves, 29 de julio de 2021

Os detectives da froita

Bitmoji ImageBitmoji ImageBitmoji Image
Agora te vas converter nun / nunha detective da froita. Escolle unha das froitas que trouxeches á aula para o aperitivo da mañá e contesta a estas preguntas. Por suposto, podes consultar coa persoa que merca a froita na túa casa
Froitas na merenda, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

jueves, 15 de julio de 2021

A merenda saudábel na CiberCaixa Mallos

Bitmoji ImageBitmoji ImageBitmoji Image

Co obxectivo de ter unha alimentación saudábel estamos a fomentar o consumo de froita no alumnado da CiberCaixa Mallos durante o aperitivo que comen polas mañás  na aula ás 11:30. 

Por este motivo, ademais dos obradoiros realizados sobre a alimentación saudábel que empezamos no mes de xunio  inicianse  dúas actividades para lograr unha  aprendizaxe vivencial e significativa dos nenos e nenas da CiberCaixa Mallos e as súas familias: 

1 - Merendas saudables: durante o verán na Cibercaixa Mallos tomamos o aperitivo  ás 11:30. O obxectivo desta actividade é que o alumnado consuma algunha froita cada semana. 

2 - O prato viaxeiro: Cada fin de semana por quendas os usuarios/ as da CiberCaixa Mallos levarán o prato viaxeiro a casa, un prato  cunha libreta decorada polo alumnado con actividades sinxelas  para facer coa familia. O obxectivo desta actividade é que o alumnado explique ás persoas coas que vive en que consiste o prato saudable e que xuntos durante a fin de semana elaboren a súa propia receita tendo en conta o prato saudable 

Aperitivo as 11:30

Como elexir a nosa froita preferida?

Pois está claro que podemos empregar  o sentido do gusto pero tamén recordade toda a información que  temos sobre a froita de tempada nos obradoiros que fixemos desde xunio.

 Agora toca aplicar todo ese coñecemento as vosas merendas. 

4 vantaxes de consumir froitas de tempada

 Existen varios motivos polos que é preferible incluír froita de tempada na nosa alimentación: 

1) Contribúe á sustentabilidade do sistema alimentario porque reduce o consumo enerxético e xera menos emisións de dióxido de carbono xa que non é necesario transportala desde outras zonas de cultivo máis afastadas.  Recordades cando falamos da pegada de carbono e a agricultura de proximidade

hugging earth
PEEGADA DE CARBONO: É a cantidade de Gases de Efecto Invernadoiro que se xenera para producir un alimento ou para fabricar calquera obxecto. No caso dos alimentos inclúe todos os gases que se producen dende o momento en que se planta ata o momento en que o comemos (plantación, mantemento do cultivo, colleita e transporte ás tendas).



2) Axuda a respectar o ciclo natural de produción sendo máis ecolóxico e respectuoso co medio ambiente. 

3) A froita de tempada terá un mellor sabor porque non foi cultivada nun invernadoiro, onde as froitas perden parte do seu sabor. 

4) Ao comprar froita de tempada procedente da túa área estás a colaborar co comercio local e por tanto xerando riqueza na túa contorna máis próxima. 

Cal é a froita de tempada deste mes de xulio? 


 Consultade o calendario aquí: https://soydetemporada.es/





lunes, 12 de julio de 2021

O prato viaxeiro segue o seu periplo coñecendo as casas das familias da CiberCaixa Mallos

 

O prato viaxeiro da CiberCaixa Mallos

En que consiste esta actividade?

Cada fin de semana por quendas os usuarios/ as da CiberCaixa Mallos levan o prato viaxeiro a casa, un prato  cunha libreta decorada polo alumnado con actividades sinxelas  para facer coa familia. 

Os luns escoitamos atentamente a experiencia da persoa que tivo a fin de semana o prato na súa casa. Despois o prato viaxeiro da CiberCaixa Mallos descansa ata que lle toca volver a viaxar o venres.

O obxectivo desta actividade é que o alumnado explique ás persoas coas que vive en que consiste o prato saudable e que xuntos durante a fin de semana elaboren a súa propia receita tendo en conta este  prato

jueves, 8 de julio de 2021

Xogamos cos alimentos e o prato saudábel

Continuamos coñecendo a nutrición  saudábel con noso prato favorito!




Hoxe traio unha nova proposta! 


Os obxectivos principais desta folla de traballo interactiva son:

1) Coñecer como pode ser unha alimentación saudábel empregando  o Nutriplato. 
2) Aprender a distinguir os diferentes alimentos (verduras, proteínas e hidratos) na súa  proporción mais saudábel




                        XOGOS   EN LIÑA                                    


Non vos perdades os xogos en liña 

PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE  PARA PODER XOGAR!!




martes, 6 de julio de 2021

Jugamos con los alimentos del plato saludable

 Continuamos aprendiendo  como puede ser una dieta saludable con juegos sobre los alimentos.

El objetivo principal  del juego con el que nos divertimos hoy, es aprender a distribuir los diferentes alimentos en la estructura del plato. Tanto los dibujos como el tablero fueron realizados por el alumnado de la CiberCaixa Mallos.

Juego sobre el plato de la alimentación saludable

jueves, 17 de junio de 2021

Agricultura de proximidade


Bitmoji ImagetomatoBitmoji ImageBitmoji Image

A comida que compramos no supermercado vén de lugares afastados. Que pasaría se desaparecesen os avións, barcos e camións que nos traen a comida? 

 


  
Neste vídeo Salustiniano cóntanos a súa experiencia de cultivar un horto preto da cidade; un horto que axuda a mitigar o cambio climático. Se queredes saber como mirade este video:


Xa podedes contestar a estas preguntas:







E para rematar observade o seguinte mapa


Podedes calcular a distancia que percorren os alimentos? e o custe ambiental de consumir alimentos de lugares moi afastados? Seguide as instrucións na seguinte folla de traballo interactiva.