Sei que, ás veces, cando ves doutro país, pode resultar un pouquiño difícil acostumarse ao galego. Por iso, pídoche que fagas a tarefa nesta lingua. Aprender galego pode ser moi divertido, e pouco a pouco, sen te dares conta, vas ir aprendendo palabras novas, frases e expresións propias de aquí. Xa verás como cada día o fas mellor. ¡Ánimo!
Nesta actividade teremos a ocasión de poñer a proba os nosos coñecementos.
Hoxe imos aprender novas palabras relacionadas co amor en galego. Para iso, veremos algúns vídeos de DigochoEu, un programa da Televisión de Galicia que nos axuda a mellorar o noso galego de forma divertida. Xa vimos algúns vídeos antes, e hoxe engadiremos máis palabras ao noso vocabulario!
Finalmente, faremos unha fermosa manualidade: un copo de neve con corazóns! Si, combinaremos o inverno co amor para crear unha decoración moi especial.
Materiais:
Papel branco ou de cores
Tixeiras
Lapis
Regra
Pasos:
Dobrar o papel:
Comeza cun papel cadrado.
Dóbrao pola metade para formar un triángulo.
Vólveo dobrar outra vez pola metade ata obter un triángulo máis pequeno.
Logo, dóbrao en terzos, asegurándote de que os lados queden aliñados.
Debuxar o deseño:
Usa un lapis para debuxar o patrón no triángulo dobrado.
Inclúe corazóns e liñas para crear un deseño simétrico.
Recortar a figura:
Con coidado, usa as tixeiras para cortar seguindo o deseño trazado.
Asegúrate de non cortar os bordes de unión que manteñen a estrutura do copo de neve.
Despregalo con coidado:
Abre lentamente o papel recortado e alísa o coas mans.
Verás o fermoso copo de neve con corazóns.
Opcional:
Podes pegalo sobre cartolina de cor para resaltar o deseño.
Usa pintura ou purpurina para decoralo.
Esperamos que gocedes desta actividade e que aprendades moitas palabras fermosas en galego! Ánimo e a crear!
¡Listo! Ahora tienes un copo de nieve con corazones perfecto para decorar en cualquier ocasión especial.
A acentuación indícanos cal é a sílaba que soa máis forte nunha palabra (chámase sílaba tónica). En galego, algunhas palabras levan acento gráfico (´) e outras non.
📚 Normas básicas de acentuación
Palabras agudas
A sílaba tónica é a última.
Levan acento se rematan en -n, -s ou vogal. Exemplo: camión, café, tamén.
Palabras graves/choradas
A sílaba tónica é a penúltima.
Levan acento se NON rematan en -n, -s ou vogal. Exemplo: mártir, difícil, tórax.
Palabras esdrúxulas
A sílaba tónica é a antepenúltima.
Sempre levan acento! Exemplo: páxina, música, máxico.
🎯 Trucos para lembralo!
🔔 O son forte márcao o acento! Aprende a buscar a sílaba que soa máis forte.
🧩 Lembra a regra das agudas: acento en vogal, -n ou -s.
⭐ Esdrúxulas sempre con acento!
🎤 Proba dicilas en voz alta: Máis fácil detectar onde soa máis forte.
Rapaces-rapazas, ás veces, cando nos mudamos a outro lugar, aprendemos cousas novas e adaptámonos a diferentes costumes. Na Coruña, onde vivimos agora, hai unha lingua que é moi importante: o galego. É como o castelán, pero ten palabras e sons propios. O galego é a lingua de moitas persoas que viven aquí, e aínda que o castelán se fala en todo o país, saber galego pode axudarvos a entender mellor á xente, ler os carteis e sentírvos máis conectados coa cultura local.
Aprender galego non significa deixar de falar castelán nin esquecer outras linguas, como o quechua, o guaraní ou o castelán. Máis ben, é aprender algo novo que vos axudará a formar parte da vosa nova comunidade e da vida cotiá na Coruña. Ademais, o galego é unha lingua con moita historia, igual que o castelán, e é algo que a xente aquí coida e valora moito.
Así que, cando repasamos galego, non só estamos aprendendo palabras, senón tamén mostrando respecto pola cultura deste lugar. É unha forma de conectar con máis xente e de formar parte do lugar onde estamos vivindo agora. E quen sabe! Pode ser que vos guste e mesmo o atopedes divertido.
1️⃣ Os retos interactivos
Para empezar, faremos catro retos utilizando unhas fichas moi chulas en Liveworksheets. E
Despois de completar os retos, toca poñer a creatividade a traballar. Construiremos un barquiño de papel, como o que podedes ver no seguinte vídeo. Non vos preocupedes se non sae ben á primeira, iremos paso a paso e axudareivos.
3️⃣ Escribe a túa palabra en galego 🖊️
Unha vez teñamos os nosos barquiños listos, cada un escribirá nel unha palabra en galego. Podedes escoller unha palabra que vos guste, que vos pareza fermosa ou que signifique algo especial para vós.
Por exemplo:
"lúa"
"morriña"
"ledicia"
"agarimo"
Cando todos/as teñamos os barquiños preparados, faremos unha pequena exposición onde compartiremos as palabras que escollestes. Será moi bonito ver todas as palabras e barquiños xuntos!
O obxectivo da actividade
Con esta actividade aprenderemos xogando, practicaremos galego e celebraremos o noso idioma. O galego é parte de nós e queremos que o desfrutedes facendo algo creativo e divertido.
💡 Non esquezades pensar na vosa palabra especial! Que palabra vas escoller para o teu barquiño?
O abecedario galego é lixeiramente diferente ao español, e ten menos letras debido á ausencia dalgunhas letras que son comúns no abecedario español. Aquí deixo a versión correcta do abecedario galego:
A, B, C, D, E, F, G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T, U, V, X, Z
Tanto algunos de vosotros/as como vuestras familias habéis solicitado que hagamos apoyo escolar durante el verano. Así que vamos a intentar establecer un sistema que sea lo menos dañino para el medio ambiente posible. evitando la impresón en papel.
Repasar contenidos académicos como matemáticas o lengua durante el verano es crucial para evitar la pérdida de conocimientos y consolidar lo aprendido durante el año escolar. Este repaso mantiene habilidades básicas y fomenta buenos hábitos de estudio. Además, reduce el estrés al inicio del nuevo curso, mantiene la mente activa y permite reforzar los conocimientos que por diversos motivos no se han entendido adecuadamente. Todo esto contribuye a una actitud positiva hacia el aprendizaje y asegura una transición más suave al nuevo año académico. En resumen, repasar en verano es esencial para el éxito académico continuo y el desarrollo cognitivo.
Cada uno de vosotros/as está en un año académico diferente y tiene que repasar unos contenidos distintos con lo elegid vuestro pdf y seguid atentamente los siguientes pasos:
6º de Primaria
Matemáticas 6º de Primaria
Lengua 6º de Primaria
4º de Primaria
Gallego 4º de PRIMARIA
Inglés 4º de PRIMARIA
Matemáticas 4º PRIMARIA
3º de Primaria
Repaso 3º de primaria
1º de Primaria
Língua Galega 1º PRIMARIA
No os olvidéis de guardar el archivo después de editarlo!!!!
Se abrides este libro poderedes facer un percorrido pola nenez de Rosalía, as súas mudanzas vitais, coñeceredes as súas amizades e familiares, e sobre todo, seredes partícipes dos seus comezos literarios, eses que a converteron na poeta máis senlleira de Galiza.
Mais non faredes esta andaina en soidade, senón na compaña da Lucecú que viviu a carón de Rosalía durante todos os anos da súa vida, compartindo ledicias e épocas de menos luz.
…porque onde máis negra é a sombra é onde mellor se ven as estrelas.l
Propóñovos os xogos desta presentación:
E finalmente, que tal se facemos rosas de papel para conmemorar este fermoso día
Que imos facer mañá na sesión conxunta? Por unha banda, falaremos da enquisa que tedes no voso usuario de LiveWorkSheets.
Por outra banda, imos escoitar a xente do mar e en concreto coñeceremos a un mariñeiro galego que triunfa “navegando” dentro e fóra da web grazas ás súas fotografías, vídeos e reflexións sobre a importancia do mar e o seu necesario coidado.
O respecto á veda e a sabedoría de alguén que leva máis de 25 anos no mar son as claves que lle converteron nunha pequena estrela mediática. Pero quen hai detrás deste mariñeiro influencer? Mañá o descubrimos.
Encántanme os vídeos curtos, debuxos animados ou aqueles que nos fan imaxinar, facer suposicións e téñennos enganchados ata o último segundo.
Como imos traballar cos vídeos?
1) Conectámonos á ligazón de meet que vos enviarei cando empece a clase
2) Veremos o vídeo todos xuntos
3) Falaremos constantemente de como senten as persoaxes, expresións faciais, emocións que nos veñen á cabeza vendo o vídeo, vocabulario…
4) Pensade que cada persoa pode facer unha interpretación diferente do vídeo xa que as curtametraxes que imos ver non teñen diálogo. É probabel tamén que cada un vexa cousas diferentes ou preste atención a detalles distintos.Cadaquén pensa e discorre ao seu modo e é xenial respectar a opinión de todos nós. Parécevos?
Espero que o pasedes xenial nesta clase de galego.
O texto que vos propoño para a videochamada, ten o obxectivo de practicar a oralidade en galego, como pedistes, pero tamén paréceme interesante que coñezades diferentes manifestacións culturais de Galicia.
Nesta ocasión serán as avoas galegas as protagonistas do texto.
Eu non vos vou poder falar das miñas avoas porque non as coñecín, pero como sabedes, encántame tocar a pandeireta, unha tradición que comezou na miña casa coa miña irmá e mais eu e espero que continúe por moito tempo...
Joseba Muruzábal cubriu varios pobos de Galicia con enorme murais de avoas con superpoderes, en homenaxe ás mulleres do rural galego que dedicaron a súa vida para traballar no campo
Escoitade a canción e intentade encher os ocos. Despoís tedes unhas preguntas propostas coas que poderemos falar en galego.
A páxina da CRTVG ofrece un bloque educativo que emite a G2 como apoio aos estudantes galegos mentres os centros escolares permanecen pechados e atendendo ás restricións para loitar contra o coronavirus.
En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a iniciativa arranca cunha variada oferta de programas en áreas tan diversas coma a xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal, e que se irá ampliando con achegas do sistema educativo galego
A Televisión de Galicia vai emitir entre as 11.00 e as 13.00 horas, de luns a venres e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa.
PROGRAMA “Xeoclip”: ALUMNADO DE SECUNDARIA E BACHARELATO
Deste xeito, divulgarase o programa “Xeoclip”, creado por docentes e no que se abordan temas incluídos nos currículos de Xeoloxía e Bioloxía e de Xeografía e Historia. Trátase dun espazo destinado especialmente a alumnado de Secundaria e de Bacharelato, que explica de maneira sinxela e atractiva o que agocha a xeoloxía galega e permite ademais descubrir a riqueza paisaxística da Comunidade.
PROGRAMA “Aquelando tamén quedamos na casa”: DIVULGACIÓN CIENTÍFICA
Con el PROGRAMA “Aquelando tamén quedamos na casa” búscase que a rapazada aprenda de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.
SERIES CLÁSICAS: HISTORIA
Os pequenos poderán gozar tamén das clásicas series divulgativas de animación como “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos.
PROGRAMA “Criaturas”: COÑECEMENTO DO MEDIO
Pola súa banda, o programa “Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou o labor que desenvolven os veterinarios, entre outras
Este mes de aghosto estamos moi aghustiño cantando en galego
cancións de Ses e Faltriqueira. Coñecédelas?
O obxectivo fundamental deste taller "Cantando tan
aghustiño" é transmitir aos usuarios e usuarias da CiberCaixa Mallos a
língua galega e que os nenos e nenas canten e bailen ao mesmo tempo que
aprenden galego, coñecemento da nosa cultura, relacións cos demais,entre outros conceptos e valores.
A música chega aos nenos e nenas de forma inmediata e fácil,
por iso é unha maneira estupenda de aprender, divertirse e de comunicarse cos
demais.
A MODIÑO... antes de mergullarche no mar cal golfiño... Lembra:
Non pretendas entender o 100 % da letra da canción, debes
tentar afinar o oído para distinguir as palabras da letra, aínda que non saibas
o que significan nun primeiro momento, se escoitas varias veces a mesma canción
darasche conta que a letra se vai aclarando na túa cabeza.
A parte dos recursos dos que dispoñemos na aula (cds) imos
buscar na rede para atopar cancións que nos gusten. Que vos parecen
estas?
Faltriqueira "Muñeira redonda"
Para cantar coma min
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min
Non ábrala boca tanto
Por cantar, rir e bailar
Nunca se perdeu ninguén
Pérdese por mermurar
Da vida de cada quen
Eu non canto por cantar
Nin gana que diso teña
Que canto por aliviar
O meu corazón en pena
Eu non canto por cantar
Nin gana que diso teña
Que canto por aliviar
O meu corazón en pena
Si canto dinme que canto
Si choro dinme que choro
Si me ven falar contigo
Xa me din que me namoro
Para cantar coma min
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min
Non ábrala boca tanto
Sés - De catro a catro (acústico)
Catro reis, catro cabalos, catro xeracións.
Catro amigos, catro gatos, catro corazóns.
Catro rodas que me levan, mil sitios a onde ir.
Catro vellos mariñeiros vogando a velas vir.
Catro follas tiña a flor que aquel día atopei.
Catro follas, catro, xamais o esquecerei.
Un funeral, catro vodas en catro estacións.
Catro regras, catro cousas, catro condicións.
Catro noites que non durmo pensando onde estarás.
Catro anos e febreiro terá un día máis.
De catro a catro navego en mares de papel,
vou soñando un par de versos do capitán aquel
co que amei a liberdade buscando expedicións.
E fomos quedando sós o mar o barco e nós.
Como eu canto (Sés)
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Ese cantar que botaches
dime quen cho aprendiu(e)
Ese cantar que botaches
dime quen cho aprendiu(e)
Aprendiumo miña avoa nai da nai que me pariu(e)
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Levo unha pena moi fonda
cravada dentro da ialma
Levo unha pena moi fonda
cravada dentro da ialma
E habíasme de bicare que con iso me pasaba
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
I esta miña compañeira cos ollos que ten na cara
I esta miña compañeira cos ollos que ten na cara
Non hai rapaza nin mozo que non queira namorala
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Busco ghracia, busco, ghracia, busco ghracia e máis donaire
Busco ghracia, busco, ghracia, busco ghracia e máis donaire.
Fun á ruada por ela e non andaba no baile
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Hai que ter o sentimento do pobo que está bailando.
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
etc
Faltriqueira "Muñeira vella de Mórdomo"
Por aquel que entrou no baile
Por aquel que entrou agora
Por aquel que entrou no baile
Tocarei a noite toda Porque estou aquí cantando
Empezan a marmurar
Non me marmures rapaza
Que logo che ha de tocar É morena é morena
É morena é dourada
O que ten de morena
Tenno de resalada
Faltriqueira "A herba de namorar"
En mi jardín hay una flor
la más bonita no tiene olor
y si lo tiene yo no lo sé
vente conmigo y te lo diré.
En mi jardín te vi correr
tu no miraste, yo te miré
y si me viste yo no lo sé
dime morena lo he de saber.
Tanto que din que o meu amor
quere algún día ser esa flor
o meu segredo hei de coidar
para te saber a ti namorar.
Teño unha herba de namorar
teño pensado quen á levar
na faltriqueira heicha de poñer
para namorarte a ti muller.