Mostrando entradas con la etiqueta língua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta língua. Mostrar todas las entradas

lunes, 22 de febrero de 2021

Imos alá cos acentos

 

any questions
Como cada tarde seguimos preparando convosco os vosos exames, contestando as vosas preguntas en liña e buscando ou creando  recursos que vos axuden na vosa aprendizaxe. Un placer acompañarvos cada  tarde! ♥

Diptongos e hiatos en galego

Como cada tarde seguimos preparando convosco os vosos exames, contestando as vosas preguntas en liña e buscando ou creando  recursos que vos axuden na vosa aprendizaxe. Un placer acompañarvos cada  tarde! ♥
Ditongos e Hiatos, una ficha interactiva de abadusko
liveworksheets.com
Ditongos e Hiatos, an interactive worksheet by NoeFR
liveworksheets.com

viernes, 19 de febrero de 2021

Como eu canto

O texto que vos propoño para a videochamada, ten o obxectivo de practicar a oralidade en galego, como pedistes, pero tamén paréceme interesante que coñezades diferentes manifestacións culturais de Galicia. 

Nesta ocasión serán as avoas galegas as protagonistas do texto. Eu non vos vou poder falar das miñas avoas porque non as coñecín, pero como sabedes, encántame tocar a pandeireta, unha tradición que comezou na miña casa coa miña irmá e mais eu e espero que continúe por moito tempo...  


Joseba  Muruzábal cubriu varios pobos de Galicia con enorme murais de avoas con  superpoderes, en homenaxe ás mulleres do rural galego que dedicaron a súa vida para traballar no campo



Escoitade a canción e intentade encher os ocos. Despoís tedes unhas preguntas propostas coas que poderemos falar en galego.

O globo de Betanzos

Bitmoji Image

O texto que vos propoño ten o obxectivo de practicar a oralidade en galego, como pedistes, pero tamén me parece interesante que coñezades diferentes manifestacións culturais de Galicia. 

É unha forma tamén de achegarvos á nosa contorna máis próxima, a través da realidade histórica, a sociedade e a cultura da nosa contorna. 

 Antes do COVID, en 2019, puiden estar nesta curiosa festa que como ides poder comprobar empezou a celebrarse fai un par de séculos e non parou de facerse ata que chegou o COVID. Preparados? Só temos que desprazarnos 60 quilómetros para chegar a Betanzos e coñecer unha das súas festas.

O globo de Betanzos


O 29 de maio de 1814 foi a primeira vez que un globo aerostático se lanzou na vila de Betanzos, en honor do retornado rei Fernando VII. Desde entón, a vila continuou elevando aeróstatos en ocasións puntuais e especiais: festas, visitas reais... Pero non sería ata 1875 cando, da man de don Claudino Pita Pandelo, comezou a elevarse o monumental globo de Betanzos anualmente nas festas de mediados de agosto.

As súas medidas (25 metros de altura por 50 de circunferencia) fan del o globo de papel máis grande do mundo. Si, si, leu vostede ben: está confeccionado en papel, recortado en láminas de 50 centímetros e pegado con engrudo de fariña de centeo. Ademais, sen lugar a dúbidas, é o que máis persoas reúne no momento de levantar o voo: na betanceira Praza do Campo reúnense cada ano máis de 50 000 persoas, dispostas a ver como o xigante de papel se eleva sobre as súas cabezas, e a ler os chistes que adornan os seus 16 cuarteiróns.

Pero para os betanceiros, ver a elevación do globo non é un simple espectáculo de masas: é máis ca iso, é un sentimento inexplicable, unha mestura de emocións indescritible que fai da noite do 16 de agosto un dos acontecementos máis sinalados do calendario.

http://www.geocities.com/betanzosvirtual/globo.html

O globo de Betanzos, una ficha interactiva de sara_prof

jueves, 28 de enero de 2021

Aprende galego de maneira interactiva

laptop reading 
Cadaquén leva consigo os termos en língua galega  que foi interiorizando por medio da aprendizaxe —natural ou educativa— así como da curiosidade.  Que pensades?
No portal das palabras poñenlle nome a todo o que nos arrodea ou podemos imaxinar, cun potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Unha versión similar desta ferramenta pode ser descargada para utilizar en móbiles ou tabletas con sistemas operativos iOS e Android.

Ademais, o portal conta con varios tipos de xogos tanto con palabras escritas como con combinacións de texto e imaxe como podedes ver na seguinte  infografía interactiva:

ANÁLISE GRAMATICAL


Asemade nesta aproximación a língua galega imos traballar ademáis do léxico a análise gramátical coa seguinte ficha interactiva

miércoles, 16 de agosto de 2017

"Cantando tan aghustiño" na CiberCaixa Mallos


Este mes de aghosto estamos moi aghustiño cantando en galego cancións de Ses e Faltriqueira. Coñecédelas?

O obxectivo fundamental deste taller "Cantando tan aghustiño" é transmitir aos usuarios e usuarias da CiberCaixa Mallos a língua galega e que os nenos e nenas canten e bailen ao mesmo tempo que aprenden galego, coñecemento da nosa cultura, relacións cos demais,  entre outros conceptos e valores.
 
A música chega aos nenos e nenas de forma inmediata e fácil, por iso é unha maneira estupenda de aprender, divertirse e de comunicarse cos demais.

A MODIÑO... antes de mergullarche no  mar cal golfiño... Lembra: 
 
Non pretendas entender o 100 % da letra da canción, debes tentar afinar o oído para distinguir as palabras da letra, aínda que non saibas o que significan nun primeiro momento, se escoitas varias veces a mesma canción darasche conta que a letra se vai aclarando na túa cabeza.

A parte dos recursos dos que dispoñemos na aula (cds) imos buscar na rede para atopar cancións que nos gusten. Que vos parecen estas?


Faltriqueira "Muñeira redonda"



Para cantar coma min
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min

Non ábrala boca tanto

Por cantar, rir e bailar
Nunca se perdeu ninguén
Pérdese por mermurar
Da vida de cada quen

Eu non canto por cantar
Nin gana que diso teña
Que canto por aliviar
O meu corazón en pena

Eu non canto por cantar
Nin gana que diso teña
Que canto por aliviar
O meu corazón en pena

Si canto dinme que canto
Si choro dinme que choro
Si me ven falar contigo
Xa me din que me namoro

Para cantar coma min
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min
Non ábrala boca tanto


Sés - De catro a catro (acústico)


 Catro reis, catro cabalos, catro xeracións.
Catro amigos, catro gatos, catro corazóns.
Catro rodas que me levan, mil sitios a onde ir.
Catro vellos mariñeiros vogando a velas vir.

Catro follas tiña a flor que aquel día atopei.
Catro follas, catro, xamais o esquecerei.

Un funeral, catro vodas en catro estacións.
Catro regras, catro cousas, catro condicións.
Catro noites que non durmo pensando onde estarás.
Catro anos e febreiro terá un día máis.

De catro a catro navego en mares de papel,
vou soñando un par de versos do capitán aquel
co que amei a liberdade buscando expedicións.
E fomos quedando sós o mar o barco e nós.




Como eu canto (Sés)

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Ese cantar que botaches
dime quen cho aprendiu(e)
Ese cantar que botaches
dime quen cho aprendiu(e)

Aprendiumo miña avoa nai da nai que me pariu(e)

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Levo unha pena moi fonda
cravada dentro da ialma
Levo unha pena moi fonda
cravada dentro da ialma

E habíasme de bicare que con iso me pasaba

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

I esta miña compañeira cos ollos que ten na cara
I esta miña compañeira cos ollos que ten na cara

Non hai rapaza nin mozo que non queira namorala

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Busco ghracia, busco, ghracia, busco ghracia e máis donaire
Busco ghracia, busco, ghracia, busco ghracia e máis donaire.

Fun á ruada por ela e non andaba no baile

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Hai que ter o sentimento do pobo que está bailando.

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
etc

Faltriqueira "Muñeira vella de Mórdomo"

Por aquel que entrou no baile
Por aquel que entrou agora
Por aquel que entrou no baile
Tocarei a noite toda

Porque estou aquí cantando
Empezan a marmurar
Non me marmures rapaza
Que logo che ha de tocar

É morena é morena
É morena é dourada
O que ten de morena
Tenno de resalada 





Faltriqueira "A herba de namorar"

En mi jardín hay una flor
la más bonita no tiene olor
y si lo tiene yo no lo sé
vente conmigo y te lo diré. 


En mi jardín te vi correr
tu no miraste, yo te miré
y si me viste yo no lo sé
dime morena lo he de saber.

Tanto que din que o meu amor
quere algún día ser esa flor
o meu segredo hei de coidar
para te saber a ti namorar.

Teño unha herba de namorar
teño pensado quen á levar
na faltriqueira heicha de poñer
para namorarte a ti muller.