En la CiberCaixa Mallos continuamos practicando LSE. En este mes de julio hemos elaborado un libro con todo el vocabulario que conocemos y hemos practicado nuestros conocimientos realizando diferentes juegos
A
educación en valores de respecto e tolerancia é unha ferramenta básica
para construír unha sociedade mellor. Por este motivo na CiberCaixa
Mallos organizamos o taller "Pon as lentes da diversidade" durante o mes
de xullo con xogos e dinámicas para os nosos usuarios/as de infantil e primaria.
CONTACONTOS LGTBQI
O taller comezou coa lectura da seguinte selección de libros de temática LGTBQI para infantil e primaria, realizada pola biblioteca Municipal de Monte Alto: - Tres con Tango - Titiritesa - Aitor tiene dos mamás - Soy Jazz - Familiario - Cada familia a su aire - Las cosas que le gustan a Fran - Ana y los patos - Piratas y Quesitos
- Rey y Rey - Ni guau ni miau. - Mostruo rosa - O día da rá vermella - Oliver Button es una nena - Isla mágica
MURAL LGTBQI
Despois
da lectura destes contos os usuarios/as debían pescudar a temática
principal LGTBQI da historia.Seguidamente tiñan que escribir a frase
máis representativa do libro lido nunha nube con algunha da cores do
arco da vella LGTBQI. Os usuarios/as mais pequenos fixeron un debuxo do conto escoitado.
Por último, realizouse un mural coas frases das nubes de
diferentes cores, os debuxos dos máis pequenos e as lentes de cores que chamamos "As
lentes da diversidade". Ditas lentes son máxicas porque permiten
mirar aos demais sen ningún tipo de prexuízo. O concepto de prexuízo foi
traballado na aula xunto aos termos estereotipo e discriminación de forma lúdica.
Frases dos libros lidos con temática LGTBQI
XOGOS E DINÁMICAS
Con todo, a través dos xogos e as dinámicas puidemos comprobar que existen
outraslentes que nos fan ver ás persoas
con estereotipos ou prexuízos cada vez que nolas poñemos e desta forma pódese producir a discriminación. Tódolos usuarios/as puxémonos estas lentes e comprobamos que non nos deixan ver todas as cores do arco da vella.
As lentes dos prexuízos
As lentes dos estereotipos
Seguidamente podedes ver o esquema dos conceptos traballados
no obradoiro cos usuarios/as de tercer ciclo de Primaria. Segundo a psicoloxía
social, temos unha propensión ao prexuízo na medida que tende a formar
xeneralizacións ou categorías que nos permiten simplificar o mundo.Estas
categorizaciones baseadas en estereotipos adóitanse converter en prexuízos
cando non son reversibles.
Dinámica Tercer Ciclo Primaria: A Árbore dos Estereotipos
Unha dinámica salientábel deste taller foi a árbore dos estereotipos, empregada para comprender a función dos estereotipos e as razóns polas que se manteñen. Así, os usuarios/as tomaron conciencia da existencia de moitos tipos de prexuízos e foron conscientes da importancia das suas actuacións ante a discriminación de persoas polo seu físico, a súa orientación sexual, a súa relixión, a súa nacionalidade, a súa raza, a súa etnia...
Instrucións para o grupo:
- Debuxade unha árbore do tamaño dunha persoa, con raíces, tronco e ramas.
- Nas raíces, escribide aqueles medos e prexuízos que xeralmente se manifestan cara ás persoas que consideramos diferentes.
- No tronco, escribide o tipo de condutas que provocan a discriminación das minorías.
- Na copa da árbore, escribide vosas solucións e suxestións para participar na construción dunha sociedade na que todas as persoas son tratadas desde o respecto, a xustiza e a solidariedade.
-Pintade a vosa árbore.(estilo libre)
- Colgade os vosos debuxos no encerado da ciber, paseade e comentádeos con todo o grupo.
Pintando as lentes máxicas da diversidade
Xogos online e unha canción sobre as familias
No taller utilizamos unha aplicación didáctica elaborada para a
Consellería de Eudcación da Junta de Extremadura, para o alumnado de
Educación Infantil, a través do cal poderemos ampliar o concepto de
diversidade familiar.
http://conteni2.educarex.es/mats/11367/contenido/index2.html Outro dos recursos empregados para os usuarios/as de infantil foi unha das cancións da serie Andaluna e Samir sobre as diferentes familias. "Andaluna
e Samir" é unha serie de animación producida pola Consellería de
Igualdade e Benestar Social da Junta de Andalucía, os seus episodios
transmiten de forma pedagóxica valores como; a solidariedade, a
cooperación, a defensa do medio ambiente, a igualdade, etc.
Letra da canción
Papás y mamás, abuelos y abuelas
como sea tu familia, ¡enhorabuena!
Hermanas y hermanos nos ayudamos
y entre nosotros nos respetamos.
Nos ayudan a ver que está bien o mal
y juntos descubrir que es la felicidad.
Ser buenas personas es lo importante
ir con la verdad siempre por delante.
Estribillo:
Todas las familias son diferentes
compuesta por poquitos o mucha gente.
Siempre nos dan amor y cariño
cuidando y educando a las niñas y niños.
Con mamá y papá o solamente mamá
con papá y mamá o solamente un papá.
Con dos mamás o con dos papás
en todas las familias te querrán igual.
Con mamá y papá o solamente mamá
con papá y mamá o solamente un papá.
Con dos mamás o con dos papás
en todas las familias te querrán igual”.
FAMILIAS DE CORES
Finalmente,despois de xogar online e cantar a canción sobre a diversidade familiar tódolos usuarios/as debuxaron á súa familia
E aquí están os nosos mellores momentos do obradoiro:
Os usuarios da CiberCaixa Mallos coas lentes da diversidade
Os usuarios/as da CiberCaixa Mallos coas lentes da diversidade
Xogos "Pon as lentes da diversidade"
Esquema dos conceptos traballados con tercer ciclo de Primaria
Mural de nubes de cores coas frases dos contos con temática LGTBQI lidos
CORTO DE ANIMACIÓN In a Heartbeat
Un corazón que sae despedido do peito e persegue ao seu amor. Así, máis ou menos, comeza a curtametraxe In a Heartbeat, producido polo mexicano Esteban Bravo e a estadounidense Beth David. E xa conta con máis de 5 millóns de visitas despois de que se publicase de forma completa en Youtube.NON VOLO PERDADES!!