viernes, 22 de marzo de 2019
Creamos nuestra casa ¿ Quieres ver nuestros planos ?
viernes, 15 de marzo de 2019
Usando a cor como eixo central do relato
O Monstro de cores é un recurso marabilloso para traballar
as emocións cos máis pequenos. Dunha maneira moi gráfica (usando a cor como
eixo central do relato) as nenas e nenos de infantil aprenderon a identificar
as distintas emocións.
Compartímosvos as actividades que realizamos despois de ler
o conto e que apoian o traballo emocional.
jueves, 14 de marzo de 2019
Retos do mes de marzo
Os nosos retos semanais son do mais variado. As veces propoñemonos viaxar a lúa nun foguete acompañados dun robot; outras cruzar os sete mares nun barquiño e moitas veces facemos xogos con material reciclado para mellorar a nosa motricidade ou equilibrio e divertirnos moitísimo.
Compartímosvos as actividades que levamos feitas durante o mes de marzo:
Compartímosvos as actividades que levamos feitas durante o mes de marzo:
viernes, 8 de marzo de 2019
"OLA MUNDO" CON SCRATCH
Para aprender a programar, unha das ferramentas máis usadas é Scratch
Imos crear unha secuencia, representando o noso primeiro programa con Scratch.
A secuencia sería a seguinte:
1- Crear o escenario e os obxectos
2- Modificar o fondo branco do escenario por outro dos que se inclúen na instalación estándar do programa
3-Eliminar o obxecto do gato e engadir un novo obxecto desde a biblioteca de elementos incorporados
4-Programar o elemento para que ao iniciar a execución posiciónese na parte inferior esquerda da pantalla e desprácese ata o lateral dereito, camiñando e "dicindo algo" ao final...
.
Celebramos o 8M co Centro Cívico Os Mallos
Participamos na convocatoria de "Mulleres que transforman realidades" do Centro Cívico Os Mallos facéndonos eco dun
movemento internacional de mulleres que, dentro e fóra das nosas fronteiras,
berra que se as mulleres paran, para o MUNDO.
Etiquetas:
8 de marzo,
8M,
A Coruña,
CCM Mallos,
centro cívico Os Mallos,
CiberCaixa,
Concello A Coruña,
Día Internacional Mujer,
Mujer,
Programa Tienes Talento,
Tienes Talento
viernes, 1 de marzo de 2019
Marcamos o ritmo
As nenas e os nenos da CiberCaixa aprenden música mentres xogan, interactúan, divírtense e
poñen en práctica a súa creatividade. Imos coñecer as figuras musicais:
FIGURAS MUSICAIS
As figuras musicais, representan a duración do son. A figura
que representa a unidade musical é a redonda , que dura catro pulsos. As demais
figuras son: branca, negra,
corchea, semicorchea, fusa,
semifusa.
redonda
= dous brancas = catro negras
branca
= dous negras = catro corcheas
negra
= dúas corcheas = catro semicorcheas
corchea
= dous semicorcheas = catro fusas
ACTIVIDADE 1
Esta actividade consiste en seguir as figuras que aparecen no vídeo marcando a súa duración ao ritmo da base instrumental. O ritmo pódese marcar con instrumentos de percusión, con palmas, con lapis sobre a mesa ou con sílabas rítmicas consensuadas previamente cos alumnos. Trabállanse as figuras negra e corchea.
ACTIVIDADE 2
Outra actividade similar á anterior aínda que a base instrumental é melódica e estruturada en frases musicais, o cal nos dá a oportunidade de traballar estes conceptos musicais. Pódese interpretar con percusión corporal, instrumentos de pequena percusión ou con sílabas. Neste caso trabállanse a branca, negra e corcheas
Outra actividade similar á anterior aínda que a base instrumental é melódica e estruturada en frases musicais, o cal nos dá a oportunidade de traballar estes conceptos musicais. Pódese interpretar con percusión corporal, instrumentos de pequena percusión ou con sílabas. Neste caso trabállanse a branca, negra e corcheas
ACTIVIDADE 3
Os exercicios comezan a partir do minuto 2:45 máis ou menos. É un pouco máis complicado que os anteriores porque se introduce unha combinación de palmas, pés e mans segundo a figura musical. Trabállanse a branca, negra, corcheas, semicorcheas tresillos.
Consulta o diccionario musical na seguinte ligazón:
http://www.doslourdes.net/MUSglosario.htm
OUTRAS APPS PARA XOGAR
https://aprendomusica.com/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)