viernes, 15 de marzo de 2019

Usando a cor como eixo central do relato


O Monstro de cores é un recurso marabilloso para traballar as emocións cos máis pequenos. Dunha maneira moi gráfica (usando a cor como eixo central do relato) as nenas e nenos de infantil aprenderon a identificar as distintas emocións.

Compartímosvos as actividades que realizamos despois de ler o conto e que apoian o traballo emocional.


jueves, 14 de marzo de 2019

Retos do mes de marzo

Os nosos retos semanais son do mais variado. As veces propoñemonos viaxar a lúa nun foguete acompañados dun robot; outras cruzar os sete mares nun barquiño e moitas veces facemos xogos con material reciclado para mellorar a nosa motricidade ou equilibrio e divertirnos moitísimo.

Compartímosvos as actividades  que levamos feitas durante o mes de marzo:



viernes, 8 de marzo de 2019

"OLA MUNDO" CON SCRATCH

Para aprender a programar, unha das ferramentas máis usadas é  Scratch

Cando iniciamos un novo proxecto aparece sempre por defecto un escenario en branco co  gato  Scratch no medio do mesmo.



Imos crear unha secuencia, representando o noso primeiro programa con  Scratch.

A secuencia sería a seguinte:

1- Crear o escenario e os obxectos

2- Modificar o fondo branco do escenario por outro dos que se inclúen na instalación estándar do programa

3-Eliminar o obxecto do gato e engadir un novo obxecto desde a biblioteca de elementos incorporados

4-Programar o elemento para que ao iniciar a execución posiciónese na parte inferior esquerda da pantalla e desprácese ata o lateral dereito, camiñando e "dicindo algo" ao final...

.

Celebramos o 8M co Centro Cívico Os Mallos

Participamos na convocatoria de "Mulleres que transforman realidades" do Centro Cívico Os Mallos  facéndonos  eco dun movemento internacional de mulleres que, dentro e fóra das nosas fronteiras, berra que se as mulleres paran, para o MUNDO.



viernes, 1 de marzo de 2019

Marcamos o ritmo

As nenas e os nenos da CiberCaixa aprenden música mentres xogan, interactúan, divírtense e poñen en práctica a súa creatividade. Imos coñecer as figuras musicais:

FIGURAS MUSICAIS

As figuras musicais, representan a duración do son. A figura que representa a unidade musical é a redonda , que dura catro pulsos. As demais figuras son: branca, negra,  corchea,  semicorchea,  fusa,  semifusa.


redonda = dous brancas = catro negras

branca = dous negras = catro  corcheas

negra = dúas  corcheas = catro  semicorcheas


corchea = dous  semicorcheas = catro  fusas




ACTIVIDADE 1

Esta actividade consiste en seguir as figuras que aparecen no vídeo marcando a súa duración ao ritmo da base instrumental. O ritmo pódese marcar con instrumentos de percusión, con palmas, con lapis sobre a mesa ou con sílabas rítmicas consensuadas previamente cos alumnos. Trabállanse as figuras negra e corchea. 
 

ACTIVIDADE 2

Outra actividade similar á anterior aínda que a base instrumental é melódica e estruturada en frases musicais, o cal nos dá a oportunidade de traballar estes conceptos musicais. Pódese interpretar con percusión corporal, instrumentos de pequena percusión ou con sílabas. Neste caso trabállanse a branca, negra e corcheas 





ACTIVIDADE 3

Os exercicios comezan a partir do minuto 2:45 máis ou menos. É un pouco máis complicado que os anteriores porque se introduce unha combinación de palmas, pés e mans segundo a figura musical. Trabállanse a branca, negra, corcheas, semicorcheas tresillos.





Consulta o diccionario musical na seguinte ligazón:

http://www.doslourdes.net/MUSglosario.htm


OUTRAS APPS PARA XOGAR

https://aprendomusica.com/