Na CiberCaixa Mallos
organizamos un xogo de economia de fichas a partir do mes de novembro. Devandito xogo consiste en que por cada comportamento ou
acción positiva e boa que realicen os usuarios/as da CiberCaixa Mallos
gañarán un sorriso e puntos que poderá cambiar por varios premios que os
usuarios/as mesmos solicitaron:
- Poder xogar coa criatura silenciosa en xogos.
- Estar sentado nunha pelota durante apoio escolar.
- Poder usar o material da
profe en manualidades con ou sin axuda da profe (pistola de silicona, rotus...). Necesario poñelos no seu sitio ao terminar de usalos e devolvelos en bo estado ;-) (os rotus con tapa...)
- Un cuarto de hora adicional para xogar no ordenador (máximo 30 minutos os días que toca)
- Poder elexir ordenador e xogar de forma individual ou colectiva
- Cambiarse de mesa durante apoio escolar.
COMO PODEN OS USUARIOS/AS CONSEGUIR PUNTOS/sorrisos?
Elaboramos unha táboa onde se valoran fundamentalmente a
colaboración entre compañeiros/as, a orde na mesa, "pedir
permiso", recoller ao rematar xogos e realizar
as taresas do colexio.
Cando un usuario/a consegue ter 10 sorrisos conta 1 punto.
Cada vez que colabora cun compañeiro/a da aula conta 1 punto e se fai as tareas (non contan os exames) da escola no tempo de apoio escolar 1 punto.
TRABALLO EN EQUIPO: retos
Por último, creamos unha serie de RETOS para aprender traballar en
equipo. Os equipos serán sempre heteroxéneos (idades e talentos diferentes) e de máis de dúas persoas.
Os retos superados contan 5 puntos para cada membro do equipo. Para conseguir os cinco puntos o equipo ten que poñerse de acordo no que vai facer cada membro; todos os membros colaboran na acción co que poden/saben facer; deben deixar recollido o material e limpo o lugar de traballo.
Estes son os retos propostos polo momento:
-RETO 1: Montar un castelo con cartón, catro rolos de papel de cociña, unha folla de cor, pegamento e tesoiras. O castelo ten que manterse en pé para superar o reto
-RETO 2: Concurso de matemáticas. INFANTIL (XOGOS MATES) PRIMARIA 2º 3º 4º(SUMAS E RESTAS) 4º 5º 6º (TABLAS DE MULTIPLICAR). Gañará o equipo que consiga mais puntos.
-RETO 3: Aprender a canción dos dereitos de UNICEF seguindo as normas que se explican na seguinte ligazón: xogo do UNO.Todos os membros do equipo teñen que cantar para superar o reto.
-RETO 4: Bailar
JINGLE BELLS
Todos os membros do equipo teñen que bailar para superar o reto.
Disposición: Por parellas en círculo, agarrados das
mans. (Fig.1)
Pasos : Polca piqué.
Galope lateral.
Introdución: Compases 1-4. Quietos no sitio e dispostos a
camiñar.
Frase A .
* Compás 5-6. Co pé
dereito tacón-punta, paso calzado (dereito, esquerdo, dereito) cara á
dereita.
* Compás 7-8. O mesmo co pé esquerdo e cara á esquerda.
* Compás 9-12. O mesmo que compás 5-8.
Frase B.
* Compases 13-19. Todos de costas ao centro, o neno no
interior, agarrados e cos brazos abertos, camiñar a paso de galope lateral en
SAR (16 pulsacións).(Fig.2)
* Compás 20. A nena, que ía na parte exterior, dá media
volta para quedar para a parella.
Frase C.
* Compases 21-24. Tres golpes nas coxas a ritmo da música,
tres golpes nas mans da parella, golpe nas coxas, palmada e palmada na man dereita da parella. ( Fig. 3.)
* Compases 25-28. Enlazarse polo brazo dereito, á altura dos
cóbados, e dar dúas voltas a tempo de negra. ( Fig. 4.)
* Compases 29-32. Tres golpes nas coxas a ritmo da música,
tres golpes nas mans da parella, golpe nas coxas, palmada e palmada na man esquerda da parella.
* Compases 33-36. Enlazarse polo brazo esquerdo e dar dúas
voltas a tempo de negra. A nena avanza un posto cara á dereita para cambiar de
parella.
* Compases 33-36 (última repetición). Enlazarse polo brazo
esquerdo e dar dúas voltas a tempo de negra. Non soltarse e quedar enlazados e
mirándose.
AUTOAVALIACIÓN
Na fase de aprendizaxe de autoevaluación da propia conduta, pídese ao usuario/a que cualifique o seu comportamento de acordo a unha escala (por exemplo moi mala, mala, boa, moi boa), e posteriormente compárase a súa avaliación coa da educadora.
AUTOAVALIACIÓN
Todos os días os usuarios/ as da CiberCaixa fan unha autoevaluación da súa conduta ao finalizar o
día. A autoevaluación con
reforzo é un procedemento no que se ensinou
ao usuario/a a avaliar a súa conduta de acordo a unhas pautas
previamente fixadas en colaboración coa educadora en aula. Despois de establecer e explicar as normas da aula adéstrase aos usuarios/ as en habilidades de autoevaluación mediante o xogo de “Estar de acordo”.
Na fase de aprendizaxe de autoevaluación da propia conduta, pídese ao usuario/a que cualifique o seu comportamento de acordo a unha escala (por exemplo moi mala, mala, boa, moi boa), e posteriormente compárase a súa avaliación coa da educadora.
O obxectivo é que os usuarios/as sexan “bos xuíces” e que, a puntuación
que se poñan pola súa maneira de comportarse e de traballar sexa igual ou quede
moi próxima á puntuación que o grupo e a educadora poñeríalles. A puntuación aplícase segundo os
criterios que os usuarios/ as teñen nun
cartel, con caras máis ou menos riseiras segundo a puntuación, nunha parede
visible na CiberCaixa Mallos.
QUE PASA CANDO ACABA O MES?
Cando o mes termina o contador de puntos ponse a 0.
Así os usuarios/ as
poden trocar os puntos conseguidos por
vales. Cada un vale 10 puntos. Así que se un usuario/a ten 43 puntos ao acabar o mes pode trocar os
puntos conseguidos por 4 vales.
Normas dos vales:
- Pódese usar un vale por día
- Os vales non
se poden intercambiar entre os usuarios/ as
- Poden propoñerse novos vales en asemblea a comezo de mes
RESUMO:
Así na CiberCaixa Mallos levamos un rexistro exacto dos días nos cales os
usuarios/as se comportaron de marabilla,
desta maneira o usuarios/as asociarán o
portarse ben con cousas positivas para eles.
Ámbito de aplicación:
|
O seu
principal obxectivo é motivar ao usuario/a na execución de determinadas
aprendizaxes e tamén fomentar a aparición de condutas positivas, controlando
ou eliminando as disruptivas.
|
Idade:
|
Cambiando
os reforzadores e adecuándoos á idade
evolutiva correspondente, podemos utilizalo en practicamente todos os niveis
de idade. Moi útil en Educación Especial e tamén na escola ordinaria para
conseguir obxectivos específicos.
|
Puntos fortes:
|
Técnica simple, de fácil
comprensión polos usuarios/as e altamente
motivante (se se constrúe e utiliza adecuadamente).
|
Limitacións:
|
Hai que
saber escoller os reforzadores en
función do usuario/a ou do grupo. Os usuarios/as que non alcancen o premio poden
frustrarse ou desistir do método. Hai que asegurar, polo menos ao principio,
uns primeiros éxitos.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario