Xusto antes de que empezase a primavera a Capitá da
resistencia mandou un escrito á
CiberCaixa Mallos pedíndonos axuda para poder vencer ao malvado Imperio
da Ignorancia. Esta foi a carta que nos enviou pedíndonos axuda:
Benquerida CiberCaixa Mallos,
Hai décadas o noso planeta albergaba unha civilización florecente, a arte, a ciencia, a moral convivían xuntas e en harmonía. As persoas gozaban do seu tempo en compañía e en paz. Agora todo cambiou, o malvado Imperio da Ignorancia anhela controlar todo o universo. Aos poucos un planeta tras outro foron caendo baixo o seu control, apoderándose de todo, mesmo da nosa ilusión.Desesperados, os poucos que escapamos ás garras do malvado Imperio creamos a resistencia do ben para loitar contra eles. Construímos naves e formamos pilotos/as que ata agora resistían con coraxe todas as arremetidas do Imperio da Ignorancia. Pero… unha nova forma de tecnoloxía está a derrotarnos. O malvado Imperio da Ignorancia desenvolveu escudos matemáticos para as súas naves. Os nosos pilotos/as, aínda que son hábiles coas naves, son incapaces de descifrar as operacións que indican que nave destruír. É por este motivo que lanzamos esta mensaxe desesperada á CiberCaixa Mallos , necesitamos a vosa axuda!. Os sabios indícannos que na CiberCaixa Mallos atoparemos os únicos pilotos/as do universo capaces de calcular con suficiente velocidade as operacións que permitirán destruír os seus escudos matemáticos e con eles as súas naves. Necesitamos a vosa axuda e para iso poñemos a disposición da vosa mestra un simulador que controla a tempo real una das nosas naves máis veloces. http://educactiva.tk/starsxwars/ Confiamos en que a vosa profesora Sara fágavos chegar esta mensaxe e organice unha misión de rescate. Non temos moito tempo, esperámosvos…
Laura ♥Capitá da resistenciaPlaneta Mallos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario