miércoles, 31 de octubre de 2018

PROXECTO QUIET CRITTERS POLO SAMAÍN

AS CRIATURAS SILENCIOSAS VEÑEN VISITARNOS

Os  Quiet  Critters viven nun bote tapado na mesa da  profe. A súa casiña ten que estar sempre pechada porque os  Quiet  Critters teñen moito medo ata do son máis baixo. 🤫 Só poden saír do bote se hai silencio total na aula

Esta é a casiña das Criaturas Silenciosas 



Nestes  postit contámosvos todo o que pescudamos das criaturas. As Criaturas Silenciosas teñen nome e cada usuario/a ten a súa. 

Non pensedes que só elas nos axudan a nos coa concentración e a xogar tranquilos. Nos ensinamoslles matemáticas e a estar felices. Ademais, encántalles sentar nas mesas do alumnado para observar e aprender dos nenos/as.  Non lles importa que lles dean  palmadiñas, pero asústanse se alguén os colle ou tenta xogar con eles. Se o alumno/a é demasiado ruidoso ou comeza a xogar con eles,  Quiet  Critter móvese alén do seu escritorio. Se continúan facendo ruído, regresan a súa casiña. Ao final de apoio escolar quen teña un  Critter no seu escritorio pode ter puntos, ainda que ás veces, simplemente ter a  Quiet  Critter na nosa mesa xa é unha recompensa suficiente


Neste vídeo podedes ver o ambiente na CiberCaixa Mallos cando veñen as Criaturas Silenciosas.

FESTA FESTA FESTA

Pero na  CiberCaixa tamén nos gustan as festas, os disfraces e facer moito  ruído. Así que polo Samaín organizamos unha festa con conxuros,  maquillaxe, manualidades e xogos...

Aquí deixámosvos un vídeo e algunhas imaxes dos nosos momentos  neste mes de outubro:



Escritura creativa, manualidades e maquillaxe




                                       



















miércoles, 24 de octubre de 2018

Celebramos el Día de la Biblioteca

Hoxe, día 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca, iniciativa que promove a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil desde 1997. Lémbrase cada ano o incendio da Biblioteca de Saraievo durante o conflito dos Balcáns en 1992.


 Tamén réndese homenaxe a todos os bibliotecarios e bibliotecarias que realizan e realizaron un  importante labor en bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, itinerantes, do pasado e do presente.


 Un dos obxectivos desta celebración é concienciar á sociedade da importancia da lectura como instrumento de desenvolvemento persoal e intelectual, e do valor dos lugares que se converten no centro de, entre outras moitas, esta actividade. 



Na  CiberCaixa Mallos quixemos poñer o noso granito de area cun mural onde todos os usuarios/as fixeron un debuxo e un  separador  co seu conto favorito.

Feliz Día da Biblioteca a todos!!!

miércoles, 17 de octubre de 2018

Percusión con el cuerpo y musicogramas

O obxectivo principal desta actividade  é a través dunha serie de dinámicas  desenvolver a capacidade creativa e de improvisación na rama da percusión corporal.

Os seguintes vídeos con musicogramas  poden axudarnos a acadar o noso obxectivo:



 



DEBUXOS

Outra interesante actividade para traballar a creatividade e expresar de forma visual é representar con debuxos o que inspira a música. Neste caso concreto, máis que o que inspira a música podemos expor que os usuarios/as debuxen o que representa a palabra inventada " supercalifragilisticoespialidoso"do seguinte vídeo.


 
Ritmo e Percusión corporal 

Mentres se visualiza o vídeo os usuarios/as marcan o pulso con palmas ou escarvadentes chineses para interiorizar o tempo. Unha vez que xa está dominado propóñovos esta percusión corporal, moi fácil: Os usuarios/as estarán sentados (chan ou cadeiras/mesas) xa que necesitarán ter unha superficie para golpear. A percusión sería para catro pulsos: palmas, pitos con amabas mans, palmas, golpe mesa coas dúas mans á vez

Inventando palabras




Un reto interesante para esta canción é a invención de novas palabras coas mesmas  sílabas que ten " supercalifragilisticoespialidoso" aínda que tamén se poden inventar frases que teñan varias palabras que somen en total as 14  sílabas. Cada usuario/a inventará a súa e unha vez que estean todas cantaranse nunha rolda por quendas.

PERCUSIÓN CON INSTRUMENTOS


lunes, 15 de octubre de 2018

miércoles, 10 de octubre de 2018

A xestión das emocións e a expresividade

As películas son un bo recurso para traballar a xestión das emocións e a expresividade. Algunhas propostas interesantes do programa Tienes Talento  poden ser:

 French Roast, Nesta curtametraxe aparecen varios personaxes que poñen en dúbida os prexuízos do espectador, rompendo os estereotipos máis comúns.


Regarei con bágoas os teus pétalos 

 Esta curtametraxe de debuxos animados gañou o premio Goya á mellor curtametraxe de animación na  XVIII edición dos premios Goya. Dá vida a uns personaxes  inanimados que, carecendo de fronte, ollos, etc., ofrecen unha gran gama de emocións que poden recoñecerse perfectamente.




Holy Sheep,

Esta curtametraxe de animación pode servir para expor como ás veces pretendemos algo e, en cambio, debemos saber adaptarnos a unha situación inesperada. Un rabaño de ovellas pode ofrecer gran variedade de rexistros, útiles para analizar en grupo.

miércoles, 3 de octubre de 2018

Entrenamos la atención y la concentración jugando

¿Quieres jugar a concentrarte? ¡Vamos allá! ¡ATENCIÓN!

http://janssencilag.entornodigital.com/




Estos son juegos de la web  Mundo Primaria, tienen anuncios pero son muy variados (6-12 años)

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-de-atencion-infantil


En la web de Educapeques, también nos encontramos diferentes juegos online para trabajar la lógica y la atención con niñ@s de edades comprendidas entre los 4 y los 12 años. 


1.- JUEGOS DE LABERINTOS


Laberintos para niños y niñas entre 4-6 años

Laberintos para niños y niñas de 7-8 años


Laberintos para niños y niñas de 9-10 años

Laberintos para niños y niñas de 11-12 años



2.- JUEGOS DE SERIES

NIVEL 1



NIVEL 2


NIVEL 3




NIVEL 4



lunes, 1 de octubre de 2018

Taller de Emocións no programa Tienes Talento da CiberCaixa Mallos

el-monstruo-de-colores

Autora e Ilustradora: Anna Llenas. 
Editorial: Flamboyant. 
A partir de 3 anos

Neste taller das emocións empregamos un conto marabilloso para que os usuarios/as  aprendan a recoñecer e interpretar as emocións. O Monstro de Cores é un libro ilustrado fantástico para actividades de educación emocional. 
 

Tamén fixemos teatro coas marionetas das emocións representando varios contos  sobre Palito e as emocións.

Aprendimos moito nas actividades facendo rexistros das nosas emocións e pintando debuxos do Monstruo de Cores
 

 Aquí os deixamos un vídeo cos nosos mellores momentos


Los más peques de la ciber aprendemos inglés, lengua y matemáticas jugando

https://arbolabc.com/juegos-para-ninos-de-preescolar