Os seguintes vídeos con musicogramas poden axudarnos a acadar o noso obxectivo:
DEBUXOS
Outra interesante actividade para traballar a creatividade e expresar de forma visual é representar con debuxos o que inspira a música. Neste caso concreto, máis que o que inspira a música podemos expor que os usuarios/as debuxen o que representa a palabra inventada " supercalifragilisticoespialidoso"do seguinte vídeo.
Ritmo e Percusión corporal
Mentres se visualiza o vídeo os usuarios/as marcan o pulso con palmas ou escarvadentes chineses para interiorizar o tempo. Unha vez que xa está dominado propóñovos esta percusión corporal, moi fácil: Os usuarios/as estarán sentados (chan ou cadeiras/mesas) xa que necesitarán ter unha superficie para golpear. A percusión sería para catro pulsos: palmas, pitos con amabas mans, palmas, golpe mesa coas dúas mans á vez
Inventando palabras
Un reto interesante para esta canción é a invención de novas palabras coas mesmas sílabas que ten " supercalifragilisticoespialidoso" aínda que tamén se poden inventar frases que teñan varias palabras que somen en total as 14 sílabas. Cada usuario/a inventará a súa e unha vez que estean todas cantaranse nunha rolda por quendas.
PERCUSIÓN CON INSTRUMENTOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario