viernes, 21 de octubre de 2016

Investigamos a historia de MAN, un escultor ermitán

Na CiberCaixa Mallos organizamos talleres de lectura polo menos tres veces por semana. A historia de Man chamounos moito a atención e desde o primeiro momento pareceunos unha historía fantástica cuxo protagonista non podía existir nin era real. Así que este obradoiro de lectura alongouse un pouquiño máis do acostumado  e despois da lectura que facemos sempre,   empezamos a investigar sobre este escultor na internet . 

Para a nosa investigación utilizamos en primeiro lugar un conto que narra a historia da súa vida titulado "Man. O alemán de Camelle". En segundo lugar, investigamos na internet se Man era un personaxe real, onde estaba a Costa da Morte; se o mar volveuse negro de verdade como din no conto...

Finalizamos o taller pintando con círculos como adoitaba facer Man e por último, coloreamos imaxes deste escultor na praia.


CONTO: MAN O ALEMÁN DE CAMELLE

Man, o Alemán de Camelle é a historia ilustrada dun heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un museo único ao aire libre. .





AS NOSAS PESQUISAS NA REDE

Chamábase Manfred Gnädinger, era un escultor alemán e vivía como un ermitán en Camelle (Camariñas), un pequeno municipio da Costa da Morte. Alí recalou en 1962, vestido de traxe e gravata, que cos anos cambiou por un sinxelo taparrabos, acorde coa súa nova vida ermitá e salvaxe en plena natureza. Dicía que buscaba un lugar para estar só e atopouno entre as rocas, onde construíu a súa propia cabana xunto ao porto e recluíuse a esculpir en soidade.



Man, como lle chamaban os veciños, creaba as súas obras ao aire libre, utilizando pedras, anacos de madeira e ata esqueletos de animais, e pintando nas rocas. Aquel espontáneo proxecto acabou converténdose nun auténtico xardín de esculturas que os aldeáns chamaron o Museo do alemán.

A súa historia atraía a multitude de visitantes, que acudían atraídos pola súa historia para contemplar aquel estraño proxecto escultórico. El aproveitaba entón para pedirlles que fixesen un debuxo, porque cría que en cada papel quedaba impregnado a alma do seu autor. Con todos eles construíu un pequeno rañaceos.

Pero o propio Atlántico, ao que tanto veneraba, tróuxolle a peor das noticias. En 2002, o afundimento do Prestige cubriu as augas de chapapote, que chegou ata as rocas e danou todas as súas esculturas. A desfeita foi tal que o artista quedou sumido nunha profunda crise, e foi atopado semanas despois morto na súa cabana, din que abandonado pola súa propia tristeza. 

DEBUXOS SOBRE MAN

Finalizamos o taller pintando con círculos como adoitaba facer Man e por último, coloreamos imaxes deste escultor na praia. Estes son algúns dos nosos debuxos e manualidades feitas coas follas do outono:


jueves, 6 de octubre de 2016

Conocemos a Nuum, el niño de la prehistoria en la CiberCaixa Mallos



Esta semana nos interesamos por la Prehistoria, la etapa que comprende desde el origen del ser humano, hasta la invención de la escritura (hace aproximadamente unos 5 millones de años). Las dos etapas prehistóricas  que hemos tratado en el taller  son el Paleolítico y el Neolítico. 

Empezamos el taller con la lectura y consulta de dos libros que trataban sobre la prehistoria. Por un lado, Nuun  nos ayudó mucho a saber cuáles eran las costumbres de los niños/as que vivieron en esa etapa. Por otro lado, Pupi nos permitió  conocer cómo aprendieron a hacer fuego en el Paleolítico y cómo dibujaban  las paredes de las cuevas donde vivían (pintura rupestre).



 RECURSOS ONLINE SOBRE LA PREHISTORIA:



En este taller hemos utilizado recursos online y además nos hemos lanzado a pintar como lo hacían las personas que vivían en el Paleolitico. 

Estos son algunos de los recursos online :



 Juegos de la Prehistoria (pincha en  la imagen para acceder a los juegos)

Arte rupestre (pincha en  la imagen para acceder a los juegos)


 MURAL SOBRE LA PREHISTORIA

Finalizamos el taller haciendo un mural sobre todo lo que aprendimos sobre la prehistoria . Aquí tenéis nuestra mejores imágenes: