Na CiberCaixa Mallos organizamos talleres de lectura polo menos tres veces por semana. A historia de Man chamounos moito a atención e desde o primeiro momento pareceunos unha historía fantástica cuxo protagonista non podía existir nin era real. Así que este obradoiro de lectura alongouse un pouquiño máis do acostumado e despois da lectura que facemos sempre, empezamos a investigar sobre este escultor na internet .
Para a nosa investigación utilizamos en primeiro lugar un
conto que narra a historia da súa vida titulado "Man. O alemán de Camelle". En segundo lugar, investigamos na
internet se Man era un personaxe real, onde estaba a Costa da Morte; se o mar
volveuse negro de verdade como din no conto...
Finalizamos o taller pintando con círculos como adoitaba facer Man e por último, coloreamos imaxes deste escultor na praia.
CONTO: MAN O ALEMÁN DE CAMELLE
Man, o Alemán de Camelle é a historia ilustrada dun heroe
respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba máis
que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un museo
único ao aire libre. .
AS NOSAS PESQUISAS NA REDE
Chamábase Manfred Gnädinger, era un escultor alemán e vivía
como un ermitán en Camelle (Camariñas), un pequeno municipio da Costa da Morte.
Alí recalou en 1962, vestido de traxe e gravata, que cos anos cambiou por un
sinxelo taparrabos, acorde coa súa nova vida ermitá e salvaxe en plena natureza.
Dicía que buscaba un lugar para estar só e atopouno entre as rocas, onde
construíu a súa propia cabana xunto ao porto e recluíuse a esculpir en soidade.
Man, como lle chamaban os veciños, creaba as súas obras ao
aire libre, utilizando pedras, anacos de madeira e ata esqueletos de animais, e
pintando nas rocas. Aquel espontáneo proxecto acabou converténdose nun
auténtico xardín de esculturas que os aldeáns chamaron o Museo do alemán.
A súa historia atraía a multitude de visitantes, que acudían
atraídos pola súa historia para contemplar aquel estraño proxecto escultórico.
El aproveitaba entón para pedirlles que fixesen un debuxo, porque cría que en
cada papel quedaba impregnado a alma do seu autor. Con todos eles construíu un
pequeno rañaceos.
Pero o propio Atlántico, ao que tanto veneraba, tróuxolle a peor das noticias. En 2002, o afundimento do Prestige cubriu as augas de chapapote, que chegou ata as rocas e danou todas as súas esculturas. A desfeita foi tal que o artista quedou sumido nunha profunda crise, e foi atopado semanas despois morto na súa cabana, din que abandonado pola súa propia tristeza.
DEBUXOS SOBRE MAN
Finalizamos o taller pintando con círculos como adoitaba facer Man e por último, coloreamos imaxes deste escultor na praia. Estes son algúns dos nosos debuxos e manualidades feitas coas follas do outono:
No hay comentarios:
Publicar un comentario