domingo, 20 de noviembre de 2016

Celebramos o Día Universal do Neno 2016 coa actividade "Sube o barco dos dereitos"

A CiberCaixa Mallos participa nunha actividade organizada polo Centro Cívico Os Mallos para conmemorar o  Día Universal do Neno cunha actuación musical.

Obradoiro Día Universal dos Dereitos do Neno CiberCaixa Mallos A Coruña

OBRADOIRO SUBE Ó BARCO DOS DEREITOS

A CiberCaixa estivo a preparar a súa actuación durante unha semana. Por unha banda, os usuarios/as máis pequenos da CiberCaixa aprenderon a canción  "Teño un barco de papel" de PIRILAMPO, na que identifican os dereitos dos nenos/as cun barco de papel. Eses mesmos  dereitos   están representados ademáis  nos barcos de papel feitos por eles que levan nas súas camisetas.
Pola súa banda, os usuarios/as maiores da Cibercaixa realizaron un mural cos elementos máis significativos da canción confeccionados por eles mesmos (Terra, Barco, Lúa, Sol, Arco da Vella...) e colaboraron na elaboración do barco de cartón empregado na actuación.

Estes son os mellores momentos da celebración:



DÍA UNIVERSAL DO NENO

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. Neste mesmo día de 1959 a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno.

Esta declaración, que non tiña legalmente carácter vinculante, non era suficiente para protexer os dereitos da infancia. Tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONXs, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que a asinaron.

O obxectivo da data é lembrar á cidadanía que os nenos/as son o colectivo máis vulnerable e por tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo. "Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito á saúde, a educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen", expón a Unicef.

No hay comentarios:

Publicar un comentario