viernes, 30 de abril de 2021

Traemos a fraga de Xela Arias á CiberCaixa Mallos no mes de abril #Desordenatecoasletras #LetrasGalegas #XelaArias2021

heart tree
No mes de abril trouxemos a natureza á CiberCaixa Mallos cun conto que escribiu con 11 anos Xela Arias,  a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. 

Debuxamos e pintamos un mural sobre este marabilloso conto "A fraga sobre os paxaros faladores e a fraga leopardicia" e o enviamos as Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna que organizan esta actividade.

Durante as derradeiras semanas de abril a fraga veu a nós, xa que plantamos xeranios, un froiteiro, pementos e amorodos. Tamén recibimos a visita duns vermes de seda, unha xoaniña e unha bolboreta. E desde o cole mandáronnos estudar o reino dos animais co que fixemos un esquema sobre os invertebrados. 

 Finalmente,terminamos este achegamento á natureza celebrado o Día da Terra cantando e coñecendo tres palabras máxicas: reducir, reutilizar e reciclar.

Tal como sucede no conto, nós tamén fixemos a nosa pequena viaxe pero eleximos un helicóptero que nos ensinou a construír a NASA, porque parece que en Marte produciuse o primeiro voo controlado e con motor dunha aeronave noutro planeta, pero esa é outra historia...

 E todo isto sucedeu no mes de abril da man da escritora galega Xela Arias e a nosa biblioteca favorita a Biblioteca Municipal de Monte Alto:


martes, 27 de abril de 2021

O noso primeiro voo nos Mallos

 


A NASA fixo historia o día 20 deste mes  ao completar con éxito o primeiro voo controlado e con motor dunha aeronave noutro planeta co seu helicóptero Ingenuity Mars, despois de ter que aprazar o primeiro intento por problemas técnicos. 

 Enviáronse comandos xerais sobre elevación e aceleración, entre outros, cos que o Ingenuity xestionou o seu propio voo. Os sinais foron primeiro ao rover Perseverance e despois chegaron á Terra. 

O voo de proba durou ao redor de 30 segundos. Neste breve lapso de tempo, o aparello —de 0,49 metros de altura e menos de dous quilos de peso— alcanzou unha altitude duns tres metros e descendeu ata pousarse sobre unha chaira na superficie do planeta vermello; todo iso dirixido por control remoto.

E nós non iamos ser menos ... O noso primeiro voo nos Mallos !!!!! . 


Realizamos o noso primeiro voo no Centro cívico dos Mallos despois de construír este marabilloso helicóptero. Aquí tedes as imaxes.


Foto de los materiales para la actividad Helicóptero Paper Mars

Materiais

Collage de imágenes que muestran a una persona cortando las líneas discontinuas en la plantilla de helicóptero de papel

1. Corta o helicóptero

Corta ao longo das liñas descontinuas do modelo. 


+ Expandir imaxe

Collage de imágenes que muestran a una persona doblando las líneas continuas de la plantilla de helicóptero de papel

2. Dobrar polas líneas continuas

As pas da hélice, A e B, deben dobrarse en direccións opostas ao longo das liñas continuas. Os paneis X e E se pliegan cara ao centro, e Z se pliega cara arriba para darlle rixidez ao corpo do helicóptero e baixar o seu centro de gravidade para un voo máis estable.


+ Expandir imaxe

Imagen animada que muestra a una persona que deja caer un helicóptero de papel que gira hacia el suelo

3. Fai un voo de proba

Ponte de pé e suxeita o helicóptero polo seu corpo. Levántao o máis alto que poidas. Agora, déixao caer. Que observas? En que dirección viran as coitelas? Solta o helicóptero desde un lugar máis alto. (Sobe unhas escaleiras ou súbete nun taburete). Que cambia no voo?.


jueves, 22 de abril de 2021

“Feliz Día de la Tierra!!❤️ #DiaDeLaTierra #EarthDay #earthday2021”

 

hugging earth


Celebramos o Día Internacional da Terra para lembrar que o planeta e os seus ecosistemas dannos a vida e o sustento. Este día bríndanos a oportunidade de concienciar a todos os habitantes do planeta acerca dos problemas que afectan á Terra e ás diferentes formas de vida que nel desenvólvense.

E nós podemos facer algo?


Sabedes o que é reciclar ou reutilizar? 
Cantamos?



Escoitamos un conto?

Na nosa cidade temos moitos  colectores diferentes para depositar o lixo.

Non temos discupa para non separar o lixo. Que pensades?

Aquí tedes os contedores que podemos encontrar na Coruña:

E estes son os novos colectores de residuos que podedes encontrar na maioría dos barrios da nosa cidade:


Sabedes a cor de cada colector? Podedes comprobalo aquí




 Sabedes como consumir auga de maneira máis eficiente cada día?Neste xogo imos aprender moitas cousas sobre a auga, un ben escaso que tamén debemos coidar.


miércoles, 21 de abril de 2021

Conciencia fonológica

globe 







LETRA B y D



De fragas e paxaros faladores #Desordenatecoasletras #LetrasGalegas #XelaArias2021

Empezamos a preparar unha actividade artística  sobre Xela, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas.

Que sabedes sobre Xela? Premede nesta imaxe e coñeceredes a súa historia:
 Unha actividade proposta das Bibliotecas Municipais da Coruña
Vida e obra de Xela Arias Castaño

  • Narración: Alumnado de 5º de primaria
  • Profesor: David Rial
  • Ilustracións: Carlos Gallego Domínguez
  • Textos: Seminario Galán
  • Música: Nabor (Bras Rodríguez) / Rumba de Paredes (Mutenrohi) / Xente (Berrogüetto)

Que imos facer?

1º) Lemos este conto que escribiu cando tiña 11 anos




2) Despois de ler o conto imos facer estas actividades interactivas da Real Academia Galega. 

Premede no debuxo

 

3) Por último, o máis pequenos da aula tedes unha actividade para lembrar o conto que escribiu Xela de pequena. Xa me diredes que vos parece . 

viernes, 16 de abril de 2021

Hoxe visítannos na CiberCaixa Mallos os vermes da seda

 


Aquí vos deixo dúas fichas en liña:
  1. A primeira ficha  para o alumnado de sexto de primaria cun texto sobre a historia da ruta da seda e a lenda chinesa  dos vermes da seda
  2. A segunda ficha destinada ao alumnado de primeiro de primaria con vocabulario e o ciclo de vida do verme da seda

6º Primaria

Verme da seda, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com


1º Primaria

Manga

 Os maiores da CiberCaixa Mallos están a ler manga, un tipo de cómic que ten moita sona entre os mozos e mozas de 12 anos da nosa aula.



jueves, 8 de abril de 2021

«Yo voy conmigo»

Ás veces impórtanos demasiado o que a xente pense sobre nós, e mesmo estamos dispostos a cambiar aquelas cousas que nos fan especiais e diferentes.

Os nenos e as nenas, e sobre todo os adolescentes, están moi preocupados por ser aceptados nun grupo e tenden a parecerse todos ao que se considera «normal» para non ser excluídos/ as, e se é necesario van perdendo o que lles fai únicos/ as con tal de ser aceptados/as 

 En «Eu vou comigo» vemos a unha nena distinta e divertida que vai perdendo a súa esencia por facer caso ao que lle din as súas amigas e amigos sobre o que se supón que debe facer para que un neno que lle gusta a mire.  Definitivamente é unha gran historia para falar sobre o importante que é valorarse a un mesmo/a e comprender que ser diferente non é algo malo, senón que é algo que nos fai únicos. A ver que vos parece a vós
   


Yo voy conmigo, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com


fuente-de-coca-cola

miércoles, 7 de abril de 2021

Buscamos actividades para los próximos tres meses

welcome classroom
¡¡¡Holaaaa!!

Esta es la programación de los próximos tres meses, teniendo en cuenta las ideas que propusisteis en la encuesta.

Echadle un vistazo y seguiremos  incluyendo actividades nuevas.

Por el momento estas son las nuevas inclusiones de hoy:

  • Un bingo
  • Baloncesto
  • Fútbol
  • Audios en gallego divertidos
  • Pasapalabra