lunes, 10 de febrero de 2020

Empezamos a celebrar o entroido

O Entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego. Non se sabe con certeza a súa orixe, pero é a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Do termo "Introitum"(que significa "a entrada á Coresma") xurdiu a palabra "Entroido" ou "Antroido".

As persoaxes máis coñecidas do Entroido en Galicia


Na nosa cidade son moi coñecidos os ‘ choqueiros’, persoaxes típicas do barrio de Monte Alto que celebraban o entroido baixo a prohibición franquista. Aínda que xurdiron con este motivo, hoxe en día os choqueiros son os traxes que predominan do entroido da Coruña. Ser « choqueiro» significa vivir o entroido con desvergoña cun disfraz improvisado, único e irrepetible.E é que esta persoaxe típica do entroido coruñés, caracterízase por ir vestida cun conxunto formado polas pezas máis rechamantes que se atope polos armarios da súa casa.

Outras celebracións moi coñecidas  son as de Ourense e Lugo,  as de Laza, Verín e Xinzo. Tedes mais información aquí: https://www.sientegalicia.com/blog/personajes-carnaval-galicia/

 LIM do Entroido


Facede este LIM e aprenderedes mais sobre o Entroido.

https://www.chiscos.net/xestor/chs/bibliocole/librolim_entroido_tradicional/o_entroido_tradicional_galego.html


https://www.chiscos.net/xestor/chs/bibliocole/librolim_entroido_tradicional/o_entroido_tradicional_galego.html


Eventos do Entroido


O ciclo do entroido é o período de tempo relacionado coa festividade do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas duracións. As celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro, como ocorre en Laza (Ourense).  Mais información aquí: http://entroido.galiciadigital.com/es/carteis






AS NOSAS MÁSCARAS E DEBUXOS

Colaboramos co Centro Cívico Os Mallos elaborando máscaras e debuxos para a decoración do mural sobre o entroido.

Naruto, heroes e heroínas

DEBUXOS: Pantalla, Volante, Boteiro MÁSCARAS: Feitas con diversos materiais reciclados, goma eva ... e diferentes técnicas como o collage
Unicornios e paxaros


DEBUXOS


Que personaxe de Entroido tocouche? Neste vídeo poderás sacar ideas para pintar a túa personaxe



BAILES,  XOGOS E MAQUILLAXE

BAILE


Terminamos este taller ao ritmo da música do Entroido, con obradoiros de maquillaxe e estampación para os mais pequenos,  así os vades preparando para a festa que organiza o CCM Mallos


 


MAQUILLAXE





XOGO online





ESTAMPACIÓN