Hoxe, día 24 de outubro, celébrase o Día da Biblioteca,
iniciativa que promove a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e
Xuvenil desde 1997. Lémbrase cada ano o incendio da Biblioteca de Saraievo
durante o conflito dos Balcáns en 1992.
Tamén réndese
homenaxe a todos os bibliotecarios e bibliotecarias que realizan e realizaron
un importante labor en bibliotecas
públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais,
itinerantes, do pasado e do presente.
Un dos obxectivos desta
celebración é concienciar á sociedade da importancia da lectura como
instrumento de desenvolvemento persoal e intelectual, e do valor dos lugares
que se converten no centro de, entre outras moitas, esta actividade.
Na CiberCaixa Mallos
quixemos poñer o noso granito de area cun mural onde todos os usuarios/as
fixeron un debuxo e un separador co seu conto favorito.
Feliz Día da Biblioteca a todos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario