Mostrando entradas con la etiqueta Quiet Critters. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Quiet Critters. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de mayo de 2021

AS CRIATURAS SILENCIOSAS VEÑEN VISITARNOS OUTRA VEZ

Os  Quiet  Critters viven nun bote tapado na mesa da  profe. A súa casiña ten que estar sempre pechada porque os  Quiet  Critters teñen moito medo ata do son máis baixo.  Só poden saír do bote se hai silencio total na aula


As criaturas silenciosas son seres moi estraños e especiais que teñen  súper poderes, e o principal é que posúen un oído tan incriblemente bo, que lles permite captar o menor rumor en calquera sitio no que se atopen. Son seres solitarios tamén, pero non por gusto, porque gozan moito da compañía dos estudantes…

Esta é a casiña das Criaturas Silenciosas 

Imos explicar aos usuarios/ as que non as coñecen cales son as particularidades destas criaturas




miércoles, 31 de octubre de 2018

PROXECTO QUIET CRITTERS POLO SAMAÍN

AS CRIATURAS SILENCIOSAS VEÑEN VISITARNOS

Os  Quiet  Critters viven nun bote tapado na mesa da  profe. A súa casiña ten que estar sempre pechada porque os  Quiet  Critters teñen moito medo ata do son máis baixo. 🤫 Só poden saír do bote se hai silencio total na aula

Esta é a casiña das Criaturas Silenciosas 



Nestes  postit contámosvos todo o que pescudamos das criaturas. As Criaturas Silenciosas teñen nome e cada usuario/a ten a súa. 

Non pensedes que só elas nos axudan a nos coa concentración e a xogar tranquilos. Nos ensinamoslles matemáticas e a estar felices. Ademais, encántalles sentar nas mesas do alumnado para observar e aprender dos nenos/as.  Non lles importa que lles dean  palmadiñas, pero asústanse se alguén os colle ou tenta xogar con eles. Se o alumno/a é demasiado ruidoso ou comeza a xogar con eles,  Quiet  Critter móvese alén do seu escritorio. Se continúan facendo ruído, regresan a súa casiña. Ao final de apoio escolar quen teña un  Critter no seu escritorio pode ter puntos, ainda que ás veces, simplemente ter a  Quiet  Critter na nosa mesa xa é unha recompensa suficiente


Neste vídeo podedes ver o ambiente na CiberCaixa Mallos cando veñen as Criaturas Silenciosas.

FESTA FESTA FESTA

Pero na  CiberCaixa tamén nos gustan as festas, os disfraces e facer moito  ruído. Así que polo Samaín organizamos unha festa con conxuros,  maquillaxe, manualidades e xogos...

Aquí deixámosvos un vídeo e algunhas imaxes dos nosos momentos  neste mes de outubro:



Escritura creativa, manualidades e maquillaxe