Na CiberCaixa Mallos imos coñecer e practicar bailes e danzas colectivas de diferentes países cos seguintes obxectivos:
-Participar de forma natural, desinhibida, activa e consciente nos bailes e danzas, independientemente do nivel e habilidade.
-Valorar as diversas danzas e bailes como medio comunicación e expresión, así como parte do patrimonio cultural e achegamento entre os pobos.
-Mellorar o sentido do ritmo adaptando o movemento corporal a estruturas sonoras de distinta intensidade, duración e velocidade.
- Desenvolver os aspectos de relación cos demais a través da práctica de diversos bailes e danzas, fomentando actitudes de tolerancia e respecto.
-Colaborar de forma activa e constructiva na elaboración e realización dediferentes bailes e danzas, potenciando a cooperación e o traballo en equipo.
-Impulsar a imaxinación e a creatividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario