jueves, 8 de marzo de 2018

Celebramos o 8M coas MULLERES BRAVAS de todos os tempos


Con este taller "Mulleres Bravas" propuxémonos celebrar o 8 de marzo cos logros obtidos  e os retos de mellora alcanzados polas mulleres ao longo do tempo.


Por este motivo a  CiberCaixa Mallos organizou este obradoiro creativo para coñecer todas esas mulleres que tiveron logros espectaculares ao longo da historia en todos os ámbitos: ciencia, literatura, arte...Tamén coñecemos as vidas de mulleres  pioneiras  que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por camiños transitados ata ese momento só por homes, cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor: Unha das primeiras corresponsais  de guerra; unha das primeiras navegantes, camioneiras, escritoras ou directoras dun xornal.

Así, os usuarios/as da CiberCaixa elixiron algunha das biografías  que nos  facilitou a Biblioteca Municipal de Monte Alto sobre as vidas  de mulleres destacadas e realizaron un  lapbook resaltando os acontecementos  que lles chamaron a atención, as frases favoritas das escritoras, as viaxes que realizaron ao longo da súa vida as pintoras...


Por último, neste taller explicouselles aos usuarios/as de tercer ciclo de primaria e secundaria os conceptos e dúbidas que tiñan sobre a folga feminista e algúns dos movementos que coñecían polos medios de comunicación ou as  redes sociais (#metoo #niunamenos).


No hay comentarios:

Publicar un comentario