lunes, 28 de febrero de 2022

Viaxamos ao Carnaval de Venecia, vés?

 





Imos viaxar ao carnaval de Venecia. Vés?

BUSCA

Onde está Venecia? Entra en Google Maps y.... encuéntrala!


LE

Agora que xa sabemos onde está que vos parece se lemos un chisco sobre as peculiaridades deste Entroido?

Carnaval de venecia, una ficha interactiva de LUSU
liveworksheets.com




DESEÑA  CARETAS  DE ESTILO  VENECIANO 

E cando cheguemos a Venecia que imos poñer na cara? Animádesvos a construír un careta estilo veneciano? 

 Como puidestes ler na folla de traballo que acabamos de facer sobre o Entroido de Venecia, durante a peste europea do século XVII, os médicos levaban máscaras puntiagudas, luvas de coiro e abrigos longos nun intento de defenderse da enfermidade. O seu aspecto icónico e sinistro, como se mostra na seguinte  imaxe, é reconocible ata o día de hoxe. 

Esta máscara podería ter algunha similitude coa FFP2 que nos poñemos hoxe en día? Que pensades?



Poñémonos o choio!!!!
 Imos facer unhas máscaras xeniais:



Estas son unhas instrucións para facer as plumas e decorar








viernes, 25 de febrero de 2022

Un paseo polo bosque do Banquete de Conxo, onde se levanta a Árbore Española 2022


Hai moitos e fermosos carballos en Galicia, pero ningún como o do bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Trátase dun exemplar de 250 anos de historia. Tan maior e tan belo que acaba de gañar o recoñecemento de Árbore Española 2022. Como podedes ver na imaxe, agora  o carballo está a competir por gañar o recoñecemento de Árbore Europea de 2022.




 🔴 O LUNS 28 DE FEBREIRO É O ÚLTIMO DÍA DAS VOTACIÓNS ❗❗❗❗

🚨 O luns 28 de febreiro ás 23:59 horas pecharán as votacións para elexir a Árbore de Europa 2022, Hasta ese día os vosos familiares poden votar aquí: https://www.treeoftheyear.org/Vote





 PRIMEIRO RETO 

Hai que coñecelo, así que iremos a Santiago, ao histórico bosque do Banquete de Conxo. 

Empezaremos por pescudar en google maps como podemos chegar a Santiago e a que distancia está o bosque  do Centro Cívico Os Mallos 

SEGUNDO RETO:

No segundo reto coñeceremos moitas cousiñas  do bosque e sobre todo da árbore O Avó.

Neste vídeo tedes moita información: 



O carballo gañador, coñecido como O Avó, é o máis veterano deste bosque: mide 30 metros de altura e case 4 metros de diámetro  de tronco. Este carballo atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que resistiu durante máis de 250 anos. 

TERCEIRO RETO

 Agora xa estades preparados/as para o terceiro reto!!! Poderedes resolver esta folla de traballo?




Juegos de Carnaval






Carnaval Mates, an interactive worksheet by RaquelBlancoR
liveworksheets.com
CRUCIGRAMAS
Vocabulario carnaval, an interactive worksheet by AmalietaV
liveworksheets.com

miércoles, 23 de febrero de 2022

Princesa Kevin

 





Hoy organizan una fiesta en el colegio y Kevin quiere disfrazarse de princesa, con su vestido, sus tacones y su maquillaje. 

Uno se disfraza para que no lo reconozcan, y si no, no sirve de nada. Y si las chicas pueden disfrazarse de caballero, ¿por qué no va a ir él de princesa?

 No os perdáis esta historia !!


Princesa Kevin, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

O meu lugar no universo

Onte estivemos a falar dos PELIQUEIROS de Laza e vimos a ubicación deste pobo no mapa. Falamos do noso país, a nosa comunidade autónoma, a nosa provincia e a nosa cidade. Acordádesvos? 

Que vos parece se vemos que lugar ocupamos nós no universo? 


QUE IMOS FACER?

Imos facer un móbil imprimible sinxelo con círculos que van desde o máis específico ( "Son eu" ) e amplíanse ata "Este é o meu planeta" . 

Ides aprender palabras básicas da  xeografía  co que vades  comezar a orientarvos no planeta.

O móbil ten estas palabras relacionadas co espazo: a casa, o centro cívico, a cidade, a provincia, a comunidade autónoma, o país, o continente e  o planeta. 






martes, 22 de febrero de 2022

Hoy es martes 22 de febrero de 2022

 





PALÍNDROMO ¿Qué es? 

¿Os atrevéis a hacer un ambigrama? https://es.wikihow.com/hacer-un-ambrigrama

Pinchad en la siguiente imagen para generar un ambigrama:



Que sabedes dos peliqueiros?





1.-COÑECEMENTOS PREVIOS  

Que non sabedes o que son os Peliqueiros? Pois aquí tedes un pequeno resumo:





 Ollade para velos en acción:



A que distancia está Laza da cidade da Coruña? En que provincia está Laza?



2.-CARETA: Que vos parece se diseñamos unha careta?





 
Estas son algunhas ideas para o deseño das vosas caretas:

Deseño careta peliqueiros CIBERCAIXA MALLOS

3.- O TRAXE: Agora imos coñecer o traxe


En primer lugar lemos este texto 

A figura central de todo o Entroido é a máscara. A máis antiga en Galicia é a do peliqueiro. Esta máscara consiste basicamente nunha vestimenta vistosa e charramangueira e nunha careta. O traxe está composto por unha camisa branca, unha garavata vermella, unha chaqueta curta de seda con xarreteiras e chea de galóns dourados e prateados, e un pantalón curto- ata os xeonllos- con dúas tiras de encaixe. Na cintura leva unha faixa de cuarta e media de ancho e un cinto no que van penduradas as chocas ou chocallos, que teñen un son moi característico. A careta, coloreada, leva cosida pola parte de atrás unha pel de raposo, año, can ou galo. No pescozo átase un pano de seda. As pernas cóbrense con medias, cinguidas con rechamantes ligas, e os zapatos son negros e aguzados. O peliqueiro leva unha especie de látego co que malla a todos os que atopa no camiño.


ÁNXELA GRACIÁN, «EU TAMÉN FUN PELIQUEIRO EN LAZA» EDITORIAL EVEREST GALICIA

En segundo lugar tentamos coñecer o vocabulario referido ao traxe dos peliqueiros 


O peliqueiro, an interactive worksheet by Chelo1112
liveworksheets.com