viernes, 25 de febrero de 2022

Un paseo polo bosque do Banquete de Conxo, onde se levanta a Árbore Española 2022


Hai moitos e fermosos carballos en Galicia, pero ningún como o do bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Trátase dun exemplar de 250 anos de historia. Tan maior e tan belo que acaba de gañar o recoñecemento de Árbore Española 2022. Como podedes ver na imaxe, agora  o carballo está a competir por gañar o recoñecemento de Árbore Europea de 2022.




 🔴 O LUNS 28 DE FEBREIRO É O ÚLTIMO DÍA DAS VOTACIÓNS ❗❗❗❗

🚨 O luns 28 de febreiro ás 23:59 horas pecharán as votacións para elexir a Árbore de Europa 2022, Hasta ese día os vosos familiares poden votar aquí: https://www.treeoftheyear.org/Vote





 PRIMEIRO RETO 

Hai que coñecelo, así que iremos a Santiago, ao histórico bosque do Banquete de Conxo. 

Empezaremos por pescudar en google maps como podemos chegar a Santiago e a que distancia está o bosque  do Centro Cívico Os Mallos 

SEGUNDO RETO:

No segundo reto coñeceremos moitas cousiñas  do bosque e sobre todo da árbore O Avó.

Neste vídeo tedes moita información: 



O carballo gañador, coñecido como O Avó, é o máis veterano deste bosque: mide 30 metros de altura e case 4 metros de diámetro  de tronco. Este carballo atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que resistiu durante máis de 250 anos. 

TERCEIRO RETO

 Agora xa estades preparados/as para o terceiro reto!!! Poderedes resolver esta folla de traballo?




No hay comentarios:

Publicar un comentario