Hai moitos e fermosos carballos en Galicia, pero ningún como o do bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Trátase dun exemplar de 250 anos de historia. Tan maior e tan belo que acaba de gañar o recoñecemento de Árbore Española 2022. Como podedes ver na imaxe, agora o carballo está a competir por gañar o recoñecemento de Árbore Europea de 2022.
O LUNS 28 DE FEBREIRO É O ÚLTIMO DÍA DAS VOTACIÓNS
O luns 28 de febreiro ás 23:59 horas pecharán as votacións para elexir a Árbore de Europa 2022, Hasta ese día os vosos familiares poden votar aquí: https://www.treeoftheyear.org/Vote
O carballo gañador, coñecido como O Avó, é o máis veterano deste bosque: mide 30 metros de altura e case 4 metros de diámetro de tronco. Este carballo atópase no tramo final do Camiño Portugués e representa un exemplar singular que resistiu durante máis de 250 anos.
O luns 28 de febreiro ás 23:59 horas pecharán as votacións para elexir a Árbore de Europa 2022, Hasta ese día os vosos familiares poden votar aquí: https://www.treeoftheyear.org/Vote
PRIMEIRO RETO
Hai que coñecelo, así que iremos a Santiago, ao histórico bosque do Banquete de Conxo.
Empezaremos por pescudar en google maps como podemos chegar a Santiago e a que distancia está o bosque do Centro Cívico Os Mallos
SEGUNDO RETO:
No segundo reto coñeceremos moitas cousiñas do bosque e sobre todo da árbore O Avó.
Neste vídeo tedes moita información:
TERCEIRO RETO
Agora xa estades preparados/as para o terceiro reto!!! Poderedes resolver esta folla de traballo?
O carballo do Bosque O Banquete de Conxo, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario