Onte estivemos a falar dos PELIQUEIROS de Laza e vimos a ubicación deste pobo no mapa. Falamos do noso país, a nosa comunidade autónoma, a nosa provincia e a nosa cidade. Acordádesvos?
Que vos parece se vemos que lugar ocupamos nós no universo?
QUE IMOS FACER?
Imos facer un móbil imprimible sinxelo con círculos que van desde o máis específico ( "Son eu" ) e amplíanse ata "Este é o meu planeta" .Ides aprender palabras básicas da xeografía co que vades comezar a orientarvos no planeta.
O móbil ten estas palabras relacionadas co espazo: a casa, o centro cívico, a cidade, a provincia, a comunidade autónoma, o país, o continente e o planeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario