Que non sabedes o que son os Peliqueiros? Pois aquí tedes un pequeno resumo:
Ollade para velos en acción:
A figura central de todo o Entroido é a máscara. A máis antiga en Galicia é a do peliqueiro. Esta máscara consiste basicamente nunha vestimenta vistosa e charramangueira e nunha careta. O traxe está composto por unha camisa branca, unha garavata vermella, unha chaqueta curta de seda con xarreteiras e chea de galóns dourados e prateados, e un pantalón curto- ata os xeonllos- con dúas tiras de encaixe. Na cintura leva unha faixa de cuarta e media de ancho e un cinto no que van penduradas as chocas ou chocallos, que teñen un son moi característico. A careta, coloreada, leva cosida pola parte de atrás unha pel de raposo, año, can ou galo. No pescozo átase un pano de seda. As pernas cóbrense con medias, cinguidas con rechamantes ligas, e os zapatos son negros e aguzados. O peliqueiro leva unha especie de látego co que malla a todos os que atopa no camiño.
ÁNXELA GRACIÁN, «EU TAMÉN FUN PELIQUEIRO EN LAZA» EDITORIAL EVEREST GALICIA
A que distancia está Laza da cidade da Coruña? En que provincia está Laza?
2.-CARETA: Que vos parece se diseñamos unha careta?
Estas son algunhas ideas para o deseño das vosas caretas:
3.- O TRAXE: Agora imos coñecer o traxe
En primer lugar lemos este texto
ÁNXELA GRACIÁN, «EU TAMÉN FUN PELIQUEIRO EN LAZA» EDITORIAL EVEREST GALICIA
O peliqueiro, an interactive worksheet by Chelo1112
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario