martes, 22 de febrero de 2022

Que sabedes dos peliqueiros?





1.-COÑECEMENTOS PREVIOS  

Que non sabedes o que son os Peliqueiros? Pois aquí tedes un pequeno resumo:





 Ollade para velos en acción:



A que distancia está Laza da cidade da Coruña? En que provincia está Laza?



2.-CARETA: Que vos parece se diseñamos unha careta?





 
Estas son algunhas ideas para o deseño das vosas caretas:

Deseño careta peliqueiros CIBERCAIXA MALLOS

3.- O TRAXE: Agora imos coñecer o traxe


En primer lugar lemos este texto 

A figura central de todo o Entroido é a máscara. A máis antiga en Galicia é a do peliqueiro. Esta máscara consiste basicamente nunha vestimenta vistosa e charramangueira e nunha careta. O traxe está composto por unha camisa branca, unha garavata vermella, unha chaqueta curta de seda con xarreteiras e chea de galóns dourados e prateados, e un pantalón curto- ata os xeonllos- con dúas tiras de encaixe. Na cintura leva unha faixa de cuarta e media de ancho e un cinto no que van penduradas as chocas ou chocallos, que teñen un son moi característico. A careta, coloreada, leva cosida pola parte de atrás unha pel de raposo, año, can ou galo. No pescozo átase un pano de seda. As pernas cóbrense con medias, cinguidas con rechamantes ligas, e os zapatos son negros e aguzados. O peliqueiro leva unha especie de látego co que malla a todos os que atopa no camiño.


ÁNXELA GRACIÁN, «EU TAMÉN FUN PELIQUEIRO EN LAZA» EDITORIAL EVEREST GALICIA

En segundo lugar tentamos coñecer o vocabulario referido ao traxe dos peliqueiros 


O peliqueiro, an interactive worksheet by Chelo1112
liveworksheets.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario