Tim Burton, coas súas películas cheas de maxia e escuridade poética, lévanos sempre a mundos imposibles, pero... sabías que antes de ser director foi, e segue a ser, un apaixonado do debuxo e da ilustración?
Desde neno, o lapis foi o seu mellor compañeiro. Para Burton, debuxar é moito máis ca un pasatempo: é unha forma de expresar emocións, centrar a mente e liberar a súa imaxinación. Durante a súa infancia no suburbio americano, o debuxo converteuse nun refuxio para escapar do que non lle gustaba e para vencer a súa timidez.
E ti? Atréveste a debuxar como Tim Burton? 🎨🖤
1.- Jack Skellington
Que tal se comenzamos con Jack Skellington, protagonista da película The Nightmare Before Christmas?
2.- R E T R A T O S
E os retratos? Que vos parece probar con algunha destas ideas?
Elexide as opcións do voso retrato no seguinte cadro e tamén podedes ver os vídeos e pdfs que tedes o final desta entrada se queredes profundar mais nas técnicas de debuxo.
3.-U N V Í D E O X E N I A L
O primeiro que podedes facer para aprender a debuxar retratos como Tim Burton e practicar a vosa técnica de sombreado.
Aproveitade este vídeo onde nos explica as técnicas de sombreado e aquí tedes un pdf para practicar esta técnica:
Hoxe... atención, atención! 😲 Porque imos coñecer unha historia moi especial, unha historia chea de misterios, sustos e tamén moitas risas.
Si, si... hoxe toca descubrir unha historia de SAMAÍN! 👻
Pero ollo… non é unha historia calquera. É unha historia que fala de cabazas con luces, de castañas máxicas e de personaxes un pouquiño inquedos…
Así que quero que esteades moi atentos e atentas, porque cada detalle conta.
Despois, cando rematemos, poderedes facer a ficha interactiva e demostrar canto sabedes do Samaín e dos nosos amigos Fermin e Casilda.
Preparados?
Pois apagade un pouquiño as luces… acendede a imaxinación…
e que comece a historia de Samaín!