Imos viaxar ao carnaval de Venecia. Vés?
Agora que xa sabemos onde está que vos parece se lemos un chisco sobre as peculiaridades deste Entroido?
liveworksheets.com
DESEÑA CARETAS DE ESTILO VENECIANO
E cando cheguemos a Venecia que imos poñer na cara? Animádesvos a construír un careta estilo veneciano?
Como puidestes ler na folla de traballo que acabamos de facer sobre o Entroido de Venecia, durante a peste europea do século XVII, os médicos levaban máscaras puntiagudas, luvas de coiro e abrigos longos nun intento de defenderse da enfermidade. O seu aspecto icónico e sinistro, como se mostra na seguinte imaxe, é reconocible ata o día de hoxe.
Esta máscara podería ter algunha similitude coa FFP2 que nos poñemos hoxe en día? Que pensades?