Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de enero de 2025

Repasamos Galego: "Regálame unha palabra en galego"



Rapaces-rapazas, ás veces, cando nos mudamos a outro lugar, aprendemos cousas novas e adaptámonos a diferentes costumes. Na Coruña, onde vivimos agora, hai unha lingua que é moi importante: o galego. É como o castelán, pero ten palabras e sons propios. O galego é a lingua de moitas persoas que viven aquí, e aínda que o castelán se fala en todo o país, saber galego pode axudarvos a entender mellor á xente, ler os carteis e sentírvos máis conectados coa cultura local.


Aprender galego non significa deixar de falar castelán nin esquecer outras linguas, como o quechua, o guaraní ou o castelán. Máis ben, é aprender algo novo que vos axudará a formar parte da vosa nova comunidade e da vida cotiá na Coruña. Ademais, o galego é unha lingua con moita historia, igual que o castelán, e é algo que a xente aquí coida e valora moito.

Así que, cando repasamos galego, non só estamos aprendendo palabras, senón tamén mostrando respecto pola cultura deste lugar. É unha forma de conectar con máis xente e de formar parte do lugar onde estamos vivindo agora. E quen sabe! Pode ser que vos guste e mesmo o atopedes divertido.

1️⃣ Os retos interactivos

Para empezar, faremos catro retos utilizando unhas fichas moi chulas en Liveworksheets. E

 RETO  1 

Repasamos Galego, an interactive worksheet by Fontinhas

RETO 2 

Repasamos Lingua 1, an interactive worksheet by Fontinhas

RETO 3

Repasamos a Lingua 2, an interactive worksheet by Fontinhas

RETO 4 


2️⃣ Construímos un barquiño de papel 🚤

Despois de completar os retos, toca poñer a creatividade a traballar. Construiremos un barquiño de papel, como o que podedes ver no seguinte vídeo. Non vos preocupedes se non sae ben á primeira, iremos paso a paso e axudareivos.


3️⃣ Escribe a túa palabra en galego 🖊️



Unha vez teñamos os nosos barquiños listos, cada un escribirá nel unha palabra en galego. Podedes escoller unha palabra que vos guste, que vos pareza fermosa ou que signifique algo especial para vós.

Por exemplo:

  • "lúa"
  • "morriña"
  • "ledicia"
  • "agarimo"

Cando todos/as teñamos os barquiños preparados, faremos unha pequena exposición onde compartiremos as palabras que escollestes. Será moi bonito ver todas as palabras e barquiños xuntos!


O obxectivo da actividade 

Con esta actividade aprenderemos xogando, practicaremos galego e celebraremos o noso idioma. O galego é parte de nós e queremos que o desfrutedes facendo algo creativo e divertido.

💡 Non esquezades pensar na vosa palabra especial! Que palabra vas escoller para o teu barquiño?

Imos empezar! 🚀



jueves, 14 de noviembre de 2024

Reforzo en galego



Realizar actividades en galego con nenos/as doutros países facilita a súa integración, permitíndolles comunicarse e participar activamente na escola e na comunidade. 

Aprender o idioma a través de xogos e actividades lúdicas fortalece a súa confianza e autoestima, ademais de mellorar o seu rendemento académico. 

Estas actividades tamén lles introducen na cultura e nas tradicións galegas, promovendo o respecto cultural e a valoración da diversidade. 

Aproveitar a capacidade dos nenos e nenas para aprender idiomas de maneira rápida e natural favorece o desenvolvemento do bilingüismo, beneficiando o seu crecemento cognitivo. 

En conxunto, estas iniciativas contribúen a unha adaptación máis inclusiva e enriquecedora, asegurando que todos os nenos se sintan benvidos e apoiados no seu novo entorno.




jueves, 4 de julio de 2024

Quen é Romero Britto?

 


Bitmoji Image


De formación autodidacta, Britto combina o estilo cubista co grafiti e o pop, creando unha obra propia que desprende optimismo, felicidade e amor. 

Utiliza cores alegres e vivas, con trazos grosos e formas xeométricas, incorporando imaxes da cultura popular. O seu estilo é directo e sinxelo.

A súa linguaxe de tipo visual e universal baséase principalmente nas súas crenzas de que a arte e os artistas son axentes de cambio positivo para o mundo.


As súas interesantes e coloridas pinturas encárganse de darlle vida ás culturas de Miami e América Latina, e enfócase en dar a coñecer os diferentes tipos de contrastes raciais e socioeconómicos principalmente da rexión do sur da Florida. 

Inclúe dentro das súas pinturas un forte sentido do humor, estética e mesmo un pouco de descontrol á hora de realizalas. A súa arte levoulle a representar por medio das súas pinturas, anuncios para Apple, Pepsi e Disney World. 

O seu traballo enfócase na alegría e a esperanza, reflectidos en cores brillantes e influencias cubistas e de Matisse mesturadas co pop art. Como parte desta idea, en 1992 fundou The Happy Art Movement, cuxa finalidade é inspirar felicidade, diversión, amor e optimismo.  




playbook-font

Romero Britto naceu en Brasil no ano 1963. Viviu modestamente cos seus oito irmáns e irmás en Recife, Brasil. Nos seus anos de nenez e temperá mocidade encargouse de pintar utilizando unha serie de cores vibrantes.
 Usou como lenzos anacos de xornal ou algún cartón que puidese atopar. Debido á súa natureza e paixón por aprender tentou avanzar na súa carreira artística.

 No ano 1983, realizou unha viaxe a Europa en 1983 para coñecer en persoa a arte dos principais pintores do mundo e para presentar o seu traballo. Logo de exhibir nalgunhas galerías, Britto decidiu que debía viaxar aos Estados Unidos onde florecían o POR ART , técnica na que se especializaba.

 Britto mudouse a Miami e aí abriu un estudo onde exhibiu as súas obras por un tempo ata que en 1989 Absolut Vodka buscouno para que deseñase o logotipo da empresa. 

Ademais das súas obras, tamén traballou como ilustrador de libros.

 O seu traballo foi exposto en moitas galerías a nivel mundial, incluíndo no Salón Nacional de Belas Artes de Louvre, no ano 2008 e 2010.



  

miércoles, 21 de abril de 2021

De fragas e paxaros faladores #Desordenatecoasletras #LetrasGalegas #XelaArias2021

Empezamos a preparar unha actividade artística  sobre Xela, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas.

Que sabedes sobre Xela? Premede nesta imaxe e coñeceredes a súa historia:
 Unha actividade proposta das Bibliotecas Municipais da Coruña
Vida e obra de Xela Arias Castaño

  • Narración: Alumnado de 5º de primaria
  • Profesor: David Rial
  • Ilustracións: Carlos Gallego Domínguez
  • Textos: Seminario Galán
  • Música: Nabor (Bras Rodríguez) / Rumba de Paredes (Mutenrohi) / Xente (Berrogüetto)

Que imos facer?

1º) Lemos este conto que escribiu cando tiña 11 anos




2) Despois de ler o conto imos facer estas actividades interactivas da Real Academia Galega. 

Premede no debuxo

 

3) Por último, o máis pequenos da aula tedes unha actividade para lembrar o conto que escribiu Xela de pequena. Xa me diredes que vos parece . 

jueves, 25 de marzo de 2021

Rogelio Santos, o mariñeiro que ensina a coidar a costa galega

 jellyfish rideQue imos facer mañá na sesión conxunta? Por unha banda, falaremos da enquisa que tedes no voso usuario de LiveWorkSheets.

Por outra banda, imos escoitar a xente do mar e en concreto coñeceremos a un mariñeiro galego  que triunfa “navegando” dentro e fóra da web grazas ás súas fotografías, vídeos e reflexións sobre a importancia do mar e o seu necesario coidado.

 O respecto á veda e a sabedoría de alguén que leva máis de 25 anos no mar son as claves que lle converteron nunha pequena estrela mediática. Pero quen hai detrás deste mariñeiro influencer? Mañá o descubrimos.
A mensaxe do mar, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com


fuente-de-buscando-a-nemo

E se da tempo, un xogo

 

viernes, 26 de febrero de 2021

Vídeos sen verbas para traballar a expresión oral


Encántanme os vídeos curtos, debuxos animados ou aqueles que nos fan imaxinar, facer suposicións e téñennos enganchados ata o último segundo. 

 Como imos  traballar cos vídeos?

1) Conectámonos á ligazón de meet que vos enviarei cando empece a clase 

2) Veremos o vídeo todos xuntos

3) Falaremos constantemente de como senten as persoaxes, expresións faciais, emocións que nos veñen á cabeza vendo o vídeo, vocabulario… 

4) Pensade que cada persoa pode facer unha interpretación diferente do vídeo xa que as curtametraxes que imos ver non teñen diálogo. É probabel tamén que cada un vexa cousas diferentes ou preste atención a detalles distintos.Cadaquén pensa e discorre ao seu modo e é xenial respectar a opinión de todos nós. Parécevos? 

Espero que o pasedes xenial nesta clase de galego.





 
fuente-de-lego

  



 
 
 



lunes, 15 de enero de 2018

As "palabras riquiñas" e as expresións mais molonas do galego


Na CiberCaixa Mallos empezamos a segunda avaliación achegándonos a modiño e con agarimo á materia de lingua galega. En xeral, temos dificultades co seu vocabulario, expresións e a pronuncia dalgunhas palabras.

Neste taller imos aproximarnos ao galego vendo algunhas das súas palabras e expresións máis riquiñas; cantando cancións do CD Fantasía coas palabras e os máis pequenos aprenderán as vogais e consoantes galegas utilizando plastilina, materiais reciclados e coa música de Fios do querer...

Finalmente fixemos un mural con todos os traballos realizados.


 PALABRAS RIQUIÑAS

Clasificamos algunhas “palabras riquiñas” que nos chamaron a atención en adxetivos, verbos e  nomes. Observamos que  estes vocablos úsanse  en Galicia tanto por galego falantes como por parte de persoas que falan castelán.

VERBOS:
  • Rosmar: Alguén emite sons confusos ou palabras incomprensibles como mostra de enfado ou de protesta. Ex: Deixa de rosmar polo baixo e fai o que che mando.
  • Fochicar (figurado): Manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado.Facer calquera cousa a medias e sen maña.Ex: Non fochiquedes nas miñas cousas, que mas desordeades.   
  • Cheirar: Despedir cheiro, impresionar o sentido do olfacto.Pode  cheirar ben ou mal. De feito, unha frase cando algo cheira moi ben é " cheira que  arrecende". E tamén se pode usar con sentido figurado, se algo non ten boa  pinta... "Isto non me  cheira nada ben".
     Ex. :Que ben cheiran esas rosas! Tes que airear o cuarto porque cheira.
NOMES:
  • Arroutada: Venada. Facer algo espontáneo e pouco sensato. Feito  pouco  atinado  ou  pouco  razoable. Ex:  Nunha arroutada é capaz de facer calquera barbaridade. 
  • Barallocas Persoa que  embarulla todo  cando  fala de tal  maneira que  non se  lle  entende ou que  quere  dicir. Un  barallocas é alguén que fala moito, pero só di  parvadas. Ex.:É un barallocas, non lle entendo nada.
  • Meigallo: Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal etc., polo xeral negativos.Estamos a falar do traballo dunha Meiga, concretamente  dun Feitizo en plan mal. Ex: Morríanlle todos os animais e pensou que era culpa dalgún meigallo que lle botaran.
  • Petisco: Porción pequena de algo que se toma para probar. Ex: Tomou un petisco de pan con mel.
  • Cóxegas:  Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Ex: Fíxolle cóxegas nos pés cunha pluma de paxaro.
  • Brincadeira: Andar de broma, pasatempo, leria, diversión.Ex: Déixate de brincadeiras e fálame de cousas serias.
  • Larpeirada: Comida que sabe moi ben, en particular, unha cousa doce. Ex: Os pasteis e os caramelos son larpeiradas
  • Foliada:  Reunión nocturna de xente para divertirse, cantar e bailar. Ex: Mañá hai foliada na aldea.
  • Esmorga:  Diversión buliciosa e esaxerada. Ex:  Pasou toda a noite de esmorga.

ADXECTIVOS
  • Feitiño: «Un pouco como  xeitoso e  riquiño, pero referíndose sobre todo ás calidades físicas. Dícese tamén no sentido de non é nin guapo nin feo, é mono,  cuqui,  feitiño. A tradución literal sería  ' hechito'. Exemplo: Que bebé tan  feitiño!
  • Enxebre: Algo moi característico dun país ou rexión, de profundas raíces, con moito arraigamento, castizo, auténtico, puro, típico, xenuíno, sen contaminar. Ex: Fala un galego moi enxebre.
  • Riquiño/a: Un adxetivo marabilloso e ademáis cun potencial enorme de exportación. Cando non es guapo nin es feo eres riquiño, todo depende do ton co que cho diga un galego. Unha palabra que serve para referirse de forma cariñosa a unha persoa que che parece mona, simpática, faiche graza ou produce tenrura. Ex.: "Coñecín a Miguel onte". "E que che pareceu?" "Moi  riquiño".
  • Trapalleiro:Que fai mal as cousas, de calquera maneira, que fai trapalladas. Ex: Que trapalleiro é! Non lle volvo encargar máis nada. Sinónimo: Chafalleiro
  • Rabudo: Outra das nosas palabras TOP. Que ten mal xenio. Pero como palabra soa con moito mellor que esta última. Ex.: É rabuda coma o demo.

Como mellorar verbas como RuliñaParrulo ou Galopín?
  • Parrulo: [Persoa] que se deixa enganar con facilidade.Ex: É tan parrulo que mesmo un neno pode estafalo.
  • Galopín: [Rapaz] que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen malicia. Ex: Quen foi o galopín que comeu todo o pastel? 
  • Ruliña: Miña rula, miña ruliña, son apelativos cariñosos moi frecuentes.
Despois clasificamos as palabras riquiñas  por temáticas: a casa, as emocións,  os nenos, bioloxía, anatomía e fútbol.

TEMÁTICA "CASA"
  • Lareira,Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota. Ex: No canizo, encima da lareira, cúranse os chourizos e sécanse as castañas.
  •  Lar: Por extensión. Casa familiar. 
  • Furancho Local de tempada, tradicionalmente habilitado nunha adega particular, onde se venden os excedentes do viño producido para o consumo particular. Moitos deles son auténticas casas de comidas nas que poderás poñerche morado a comer por moi bo prezo.

TEMÁTICA EMOCIÓNS

Temos palabras  riquiñas  que se refiren aos sentimentos e son especialmente difíciles de traducir ao castelán Lembranza, Ledicia, Agarimo, Aloumiño,  Morriña, Saudade:
  • Lembranza: Pegada que algo do pasado deixa na memoria e que vén a ela nun momento determinado. Ex. A tarde de chuvia traíalle lembranzas tristes.
  • Ledicia: Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable. Ex. O seu rostro resplandecía de ledicia. Ex. O seu rostro resplandecía de ledicia.
  • Agarimo: Sentimento de afección, amizade, tenrura, simpatía etc., por alguén. Ex. Sempre o tratou con moito agarimo
  • Aloumiño: Demostración de cariño que se lle fai a unha persoa ou a un animal pasándolle a man suavemente pola pel ou polo pelo. Ex. O neno facíalle moitos aloumiños ao can.
  • Morriña:  Palabra usada para describir un sentimento de tristeza pola distancia do lugar de onde procede un e daquelas cousas, obxectos e situacións que o evocan. Ex: Nos días de chuvia éntrame a morriña.
  • Saudade:  Unha palabra esencial para galegos e portugueses pero difícil de entender para o resto do mundo. Sentimento especial, produto dunha mestura de nostalxia, añoranza e melancolía, anhelo, dor, desexo do afastado. Rosalía de Castro defíneo como “a pantasma do ben soñado”.
  • Garatuxeiro: Amigo das garatuxas (demostración de cariño que se fai a unha persoa con aloumiños e con palabras de afecto). Ex.: Os nenos rin moito con el porque é un rapaz moi garatuxeiro
Haberá outro idioma no que soen mellor estas dúas palabras? Bico e Bágoa
  • Bico Demostración de afecto, amor, amizade, respecto ou reverencia que se fai tocando algo ou alguén cos labios pechados. Ex: Deulle un bico na meixela.
  • Bágoa: Gota do líquido transparente que segregan as glándulas lacrimais e que se desprende do ollo a causa dunha irritación ou dunha emoción. Ex.: Enchéronselle os ollos de bágoas.

TEMÁTICA NENOS 
Se o galego xa é un idioma agarimoso, que agardar das verbas referidas aos Cativos.

  • Berce:Cama de neno pequeno, que xeralmente se pode abanar. Ex. Pon o neno no berce a ver se adormece.
  • Axóuxere:Xoguete que consiste nunha ou máis esferas, xeralmente de plástico, con boliñas no seu interior e unidas a un pequeno mango, que serve para entretemento dos meniños.Ex: Non lle quites o axóuxere ao neno, que chora.
  • Boneco:Figura que representa unha persoa ou un animal, que se utiliza como xoguete, adorno etc.Ex: Na escola utilizamos un boneco para estudar o corpo humano. 

TEMÁTICA BIOLOXÍA
A Bioloxía en galego é máis fermosa.
  • Golfiño,: Delfín
  • Ollomol:Besugo
  • Curuxa: Búho
  • Xoaniña: Mariquita
  • Anduriña: Golondrina
  • Bolboreta: Mariposa
  • Besbello: Gusano
  • Vagalume: Luciérnaga
  • Paporrubio: Petirrojo (pájaro)
  • Avelaíña: Mariposa nocturna
  • Acivro (árbore silvestre):  Acebo, muérdago
  • Toxo: Tojo
  • Fervenza:Cascada. Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga.
  • Amorodo: Fresa

TEMÁTICA ANATOMÍA
A anatomía no noso idioma cobra outra dimensión.
  • Caluga, Nuca
  • Pulso, Muñeca
  • Colo, Especie de asento, á altura do peito, formado polas mans e os brazos, ou ben entre a cintura e os xeonllos, cando se está sentado.Ex.: Colle o neno no colo.
  • Cóbado: Codo

TEMÁTICA FÚTBOL (máis vocabulario relacionado  aquí)

No vocabulario futboleiro podemos incluir  palabras coma:
  • Luvas :Guantes 
  • Gardamallas ,gardarredes ou gardameta: Portero
  • Asubío: Pequeno instrumento que serve para asubiar.(Sinónimos: pito, pitar)

TEMÁTICA CHOIVA

O idioma galego contempla máis de 70 vocábulos para  a choiva. E cando esta remata empregamos a palabra amizar.

  • Amizar: Cando está a rematar a choiva. A podemos incluir nesas 70 verbas que temos para designar a choiva e tódolas as súas variantes como podedes ver no seguinte vídeo.


A chuvia e outros fenómenos que pasan no ceo e que teñen palabras riquiñas que  nos encantan  son: LuarBrétema Treboada Orballo , FolerpasLóstrego, ou Saraiba.
  • Luar O luar, resplandor da lúa. Todo o que viva en Galicia coñecerá a Xosé Ramón Gayoso e o programa da TVG “Luar”. Mítico programa que leva emitíndose ininterrompidamente desde 1992 e polo que pasaron máis de 5.000 artistas.
  • Brétema: Néboa.Condensación de vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.
  • Treboada: Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.
  • Orballo: .Chuvia miúda.
  • Folerpas: Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva.
  • Lóstrego: Resplandor intenso e momentáneo, producido polo raio.
  • Sarabia: Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes.
    OBSERVACIÓNS: Hai lugares onde se distingue esta palabra dos seus sinónimos pedra e pedrazo, segundo o tamaño do gran. Normalmente, a pedra e o pedrazorefírense ao gran máis groso, mentres que a sarabia fai alusión ao máis pequeno.



EXPRESIÓNS RIQUIÑAS


  • chuzos-punta Expresión que usan en Galicia cando está a chover a mares. 


  • Con Xeito: «Facer as cousas con  xeito é facer as cousas ben e con arte. Imos, non facer  trapalladas. Sédeme  xeitosos sempre». A RAG aclara que é a « maneira óptima de realizar  unha  actividade que  require  certos dotes».

  • de- quen-ves- sendo E ti de quen es? Mítica pregunta que fará unha avoa ou señora de pobo galega para pescudar de que familia es.

  • lusco-fusco, a hora bruxa. Momento entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas percíbense como sombras. Unha desas expresións que non teñen traducción exacta noutro idioma.

  •  malo- será Cando un galego dígache isto non che desexará nada malo ou se poñerá no peor, se non que é unha das súas expresións máis optimistas. 

  • madia- leva Unha das expresións máis típicas de Galicia, unha exclamación que significa exactamente “Así calquera!” 

  •  tanto-me-dá Unha forma moito mellor de dicir “dáme o mesmo”. 

  • ser-un- toxo O toxo é unha planta silvestre con petiscos e fea. A palabra úsase para describir a alguén que é basto, bordo ou arisco.

  • Marcho que  teño que marchar: frase redundante onde as haxa, pero marchar é irse, así que sería vou que me teño que ir.

  • Con  sentidiño: outra frase de avós. Vén dicir que non fagas bobadas nin te fagas dano ( non te manques ). Sempre hai que andar con sentido por esta vida.

  • chegar-e- encher O seu significado é parecido a “chegar e bicar o santo”. Cando chegas a un restaurante e aténdenche ao instante, cando chegas a un lugar e triunfas desde o principio. 

  • vaiche- boa O equivalente galego a un “xa che gustaría”. Dito con retranca (ironía galega) cando pensas algo non vai saír ben. Heredeiros Dá Crus versionaron “ My Sharona” para convertela no seu particular “ Vaiche Boa” 

  • E logo?: Non se refire a algo temporal, non. Usámolo no sentido de preguntar “por que?”.

OUTROS RECURSOS EMPREGADOS NESTE TALLER



Aquí tedes un vídeo onde dúas mozas blogueiras  fan un ránking das palabras máis bonitas do idioma galego. Podedes entrar na seguinte ligazón para ver a lista das palabras máis votadas aquí: http://goo.gl/Ebs976

Non vos perdades o vídeo:


CRUCIGRAMAS





Recordade que non poidemos pór acentos nin a grafía "ñ" dado que a aplicación empregada está en inglés 

miércoles, 16 de agosto de 2017

"Cantando tan aghustiño" na CiberCaixa Mallos


Este mes de aghosto estamos moi aghustiño cantando en galego cancións de Ses e Faltriqueira. Coñecédelas?

O obxectivo fundamental deste taller "Cantando tan aghustiño" é transmitir aos usuarios e usuarias da CiberCaixa Mallos a língua galega e que os nenos e nenas canten e bailen ao mesmo tempo que aprenden galego, coñecemento da nosa cultura, relacións cos demais,  entre outros conceptos e valores.
 
A música chega aos nenos e nenas de forma inmediata e fácil, por iso é unha maneira estupenda de aprender, divertirse e de comunicarse cos demais.

A MODIÑO... antes de mergullarche no  mar cal golfiño... Lembra: 
 
Non pretendas entender o 100 % da letra da canción, debes tentar afinar o oído para distinguir as palabras da letra, aínda que non saibas o que significan nun primeiro momento, se escoitas varias veces a mesma canción darasche conta que a letra se vai aclarando na túa cabeza.

A parte dos recursos dos que dispoñemos na aula (cds) imos buscar na rede para atopar cancións que nos gusten. Que vos parecen estas?


Faltriqueira "Muñeira redonda"



Para cantar coma min
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min

Non ábrala boca tanto

Por cantar, rir e bailar
Nunca se perdeu ninguén
Pérdese por mermurar
Da vida de cada quen

Eu non canto por cantar
Nin gana que diso teña
Que canto por aliviar
O meu corazón en pena

Eu non canto por cantar
Nin gana que diso teña
Que canto por aliviar
O meu corazón en pena

Si canto dinme que canto
Si choro dinme que choro
Si me ven falar contigo
Xa me din que me namoro

Para cantar coma min
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min
Non ábrala boca tanto


Sés - De catro a catro (acústico)


 Catro reis, catro cabalos, catro xeracións.
Catro amigos, catro gatos, catro corazóns.
Catro rodas que me levan, mil sitios a onde ir.
Catro vellos mariñeiros vogando a velas vir.

Catro follas tiña a flor que aquel día atopei.
Catro follas, catro, xamais o esquecerei.

Un funeral, catro vodas en catro estacións.
Catro regras, catro cousas, catro condicións.
Catro noites que non durmo pensando onde estarás.
Catro anos e febreiro terá un día máis.

De catro a catro navego en mares de papel,
vou soñando un par de versos do capitán aquel
co que amei a liberdade buscando expedicións.
E fomos quedando sós o mar o barco e nós.




Como eu canto (Sés)

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Ese cantar que botaches
dime quen cho aprendiu(e)
Ese cantar que botaches
dime quen cho aprendiu(e)

Aprendiumo miña avoa nai da nai que me pariu(e)

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Levo unha pena moi fonda
cravada dentro da ialma
Levo unha pena moi fonda
cravada dentro da ialma

E habíasme de bicare que con iso me pasaba

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

I esta miña compañeira cos ollos que ten na cara
I esta miña compañeira cos ollos que ten na cara

Non hai rapaza nin mozo que non queira namorala

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Busco ghracia, busco, ghracia, busco ghracia e máis donaire
Busco ghracia, busco, ghracia, busco ghracia e máis donaire.

Fun á ruada por ela e non andaba no baile

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto

Hai que ter o sentimento do pobo que está bailando.

Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
Para cantar coma min(e)
Para cantar como eu canto
etc

Faltriqueira "Muñeira vella de Mórdomo"

Por aquel que entrou no baile
Por aquel que entrou agora
Por aquel que entrou no baile
Tocarei a noite toda

Porque estou aquí cantando
Empezan a marmurar
Non me marmures rapaza
Que logo che ha de tocar

É morena é morena
É morena é dourada
O que ten de morena
Tenno de resalada 





Faltriqueira "A herba de namorar"

En mi jardín hay una flor
la más bonita no tiene olor
y si lo tiene yo no lo sé
vente conmigo y te lo diré. 


En mi jardín te vi correr
tu no miraste, yo te miré
y si me viste yo no lo sé
dime morena lo he de saber.

Tanto que din que o meu amor
quere algún día ser esa flor
o meu segredo hei de coidar
para te saber a ti namorar.

Teño unha herba de namorar
teño pensado quen á levar
na faltriqueira heicha de poñer
para namorarte a ti muller.