Mostrando entradas con la etiqueta LetrasGalegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LetrasGalegas. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de mayo de 2021

As bibliotecas municipais crean un Escape Room Virtual sobre Xela Arias #DesordenateCoasLetras #LetrasGalegas #XelaArias2021


Participade  no Escape Room Virtual sobre Xela Arias que crearon as bibliotecas municipais!!!!

Semella que os exemplares traducidos ao galego por Xela Arias de 'Contos ó teléfono'(Rodari) desapareceron de todas as bibliotecas. 

Precisan a túa axuda para atopalos. Atréveste???

 

viernes, 30 de abril de 2021

Traemos a fraga de Xela Arias á CiberCaixa Mallos no mes de abril #Desordenatecoasletras #LetrasGalegas #XelaArias2021

heart tree
No mes de abril trouxemos a natureza á CiberCaixa Mallos cun conto que escribiu con 11 anos Xela Arias,  a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. 

Debuxamos e pintamos un mural sobre este marabilloso conto "A fraga sobre os paxaros faladores e a fraga leopardicia" e o enviamos as Bibliotecas Municipais da Coruña @bibcoruna que organizan esta actividade.

Durante as derradeiras semanas de abril a fraga veu a nós, xa que plantamos xeranios, un froiteiro, pementos e amorodos. Tamén recibimos a visita duns vermes de seda, unha xoaniña e unha bolboreta. E desde o cole mandáronnos estudar o reino dos animais co que fixemos un esquema sobre os invertebrados. 

 Finalmente,terminamos este achegamento á natureza celebrado o Día da Terra cantando e coñecendo tres palabras máxicas: reducir, reutilizar e reciclar.

Tal como sucede no conto, nós tamén fixemos a nosa pequena viaxe pero eleximos un helicóptero que nos ensinou a construír a NASA, porque parece que en Marte produciuse o primeiro voo controlado e con motor dunha aeronave noutro planeta, pero esa é outra historia...

 E todo isto sucedeu no mes de abril da man da escritora galega Xela Arias e a nosa biblioteca favorita a Biblioteca Municipal de Monte Alto:


miércoles, 21 de abril de 2021

De fragas e paxaros faladores #Desordenatecoasletras #LetrasGalegas #XelaArias2021

Empezamos a preparar unha actividade artística  sobre Xela, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas.

Que sabedes sobre Xela? Premede nesta imaxe e coñeceredes a súa historia:
 Unha actividade proposta das Bibliotecas Municipais da Coruña
Vida e obra de Xela Arias Castaño

  • Narración: Alumnado de 5º de primaria
  • Profesor: David Rial
  • Ilustracións: Carlos Gallego Domínguez
  • Textos: Seminario Galán
  • Música: Nabor (Bras Rodríguez) / Rumba de Paredes (Mutenrohi) / Xente (Berrogüetto)

Que imos facer?

1º) Lemos este conto que escribiu cando tiña 11 anos




2) Despois de ler o conto imos facer estas actividades interactivas da Real Academia Galega. 

Premede no debuxo

 

3) Por último, o máis pequenos da aula tedes unha actividade para lembrar o conto que escribiu Xela de pequena. Xa me diredes que vos parece .