O caravel, considerado por moitos como un símbolo da Península Ibérica, é protagonista de moitas coplas populares como a que podedes escoitar no seguinte vídeo:
O lugar exacto de procedencia do caravel non se coñece, aínda que se sabe que corresponde á conca mediterránea.
Unha versión afirma que Luís IX o Santo levouno de Tunes a Francia no século XIII. Ademais de ser protagonista nas celebracións de Semana Santa, tamén o foi en acontecementos históricos, como a chamada "Revolución dos Caraveis", que tivo lugar en Portugal o 25 de abril de 1974. .
Conca Mediterránea
TIPOS DE CARAVEIS
PLANTAMOS CARAVEIS
Caraveis chineses que platamos
O patio interior do Centro Cívico Os Mallos é moi versátil: permítenos xogar ao balón pero tamén facer un pouco de xardinería. Hoxe vimos un caracol entre as nosas macetas e unha bolboreta pousouse no taboleiro da aula.
A comida que compramos no supermercado vén de lugares afastados. Que pasaría se desaparecesen os avións, barcos e camións que nos traen a comida?
Neste vídeo Salustiniano cóntanos a súa experiencia de cultivar un horto preto da cidade; un horto que axuda a mitigar o cambio climático. Se queredes saber como mirade este video:
Podedes calcular a distancia que percorren os alimentos? e o custe ambiental de consumir alimentos de lugares moi afastados? Seguide as instrucións na seguinte folla de traballo interactiva.