Co obxectivo de ter unha alimentación saudábel estamos a fomentar o consumo de froita no alumnado da CiberCaixa Mallos durante o aperitivo que comen polas mañás na aula ás 11:30.
Por este motivo, ademais dos obradoiros realizados sobre a alimentación saudábel que empezamos no mes de xunio inicianse dúas actividades para lograr unha aprendizaxe vivencial e significativa dos nenos e nenas da CiberCaixa Mallos e as súas familias:
1 - Merendas saudables: durante o verán na Cibercaixa Mallos tomamos o aperitivo ás 11:30. O obxectivo desta actividade é que o alumnado consuma algunha froita cada semana.
2 - O prato viaxeiro: Cada fin de semana por quendas os usuarios/ as da CiberCaixa Mallos levarán o prato viaxeiro a casa, un prato cunha libreta decorada polo alumnado con actividades sinxelas para facer coa familia. O obxectivo desta actividade é que o alumnado explique ás persoas coas que vive en que consiste o prato saudable e que xuntos durante a fin de semana elaboren a súa propia receita tendo en conta o prato saudable
Aperitivo as 11:30
Como elexir a nosa froita preferida?
Pois está claro que podemos empregar o sentido do gusto pero tamén recordade toda a información que temos sobre a froita de tempada nos obradoiros que fixemos desde xunio.
Agora toca aplicar todo ese coñecemento as vosas merendas.
4 vantaxes de consumir froitas de tempada
Existen varios motivos polos que é preferible incluír froita de tempada na nosa alimentación:
1) Contribúe á sustentabilidade do sistema alimentario porque reduce o consumo enerxético e xera menos emisións de dióxido de carbono xa que non é necesario transportala desde outras zonas de cultivo máis afastadas. Recordades cando falamos da pegada de carbono e a agricultura de proximidade?
PEEGADA DE CARBONO: É a cantidade de Gases de Efecto Invernadoiro que se xenera para producir un alimento ou para fabricar calquera obxecto. No caso dos alimentos inclúe todos os gases que se producen dende o momento en que se planta ata o momento en que o comemos (plantación, mantemento do cultivo, colleita e transporte ás tendas). |
3) A froita de tempada terá un mellor sabor porque non foi cultivada nun invernadoiro, onde as froitas perden parte do seu sabor.
4) Ao comprar froita de tempada procedente da túa área estás a colaborar co comercio local e por tanto xerando riqueza na túa contorna máis próxima.
Cal é a froita de tempada deste mes de xulio?
Consultade o calendario aquí: https://soydetemporada.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario