viernes, 9 de julio de 2021

CORUÑA EN FORMA

A partir do domingo 11 de xullo, ponte en forma gozando da cidade. 

Descubre os lugares onde faceres deporte e usa os espazos urbanos para teres unha vida activa. 




De balde, sen límite, sen inscrición, de xullo a setembro 

Este verán, busca os sinais amarelos pola cidade e practica as túas actividades favoritas ao aire libre: Tai chi, Zumba, Ximnasia Aeróbica, Pilates... 

O aforo destas actividades estará limitado a 15 asistentes máis un monitor e ao cumprimento da normativa sanitaria vixente no momento da realización da actividade. 

Nos horarios sinalados haberá monitoras/es que guiarán a actividade. 

Data de comezo: 12 de xullo 

Podes descargar o folleto con toda a información nesta ligazón ou no documento adxunto ao pé da páxina: Programa Deportivo Coruña en Forma - 2021

Cadro de actividades, horarios e localizacións 

No hay comentarios:

Publicar un comentario