A casiña vai ter diferentes estancias que se corresponden a cada unha das emocións. As vosas casiñas serán diferentes xa que cada un de vós vive e experimenta as emocións de maneira diferente. O importante é que todas elas forman a nosa casiña e sen elas faltaríanos algunha estancia na nosa vivenda
Recordade que as emocións son parte de nós, todos temos emocións e non podemos evitar sentir cousas.
PASOS :
A) Tedes que entrar no voso usuario/a de Liveworksheets
B) Facer a actividade individual no ordenador
C) No patio exterior participar na actividade grupal
ACTIVIDADE INDIVIDUAL
Imos facer esta folla de traballo interactiva que ten os seguintes apartados:
1º) Unimos con frechas cada emoción coa súa cor
2ª) Despois cada un colocará na súa casa as diferentes emocións na estancia que cada un elixa
3º) Falamos de cada emoción.
Por exemplo, no caso do amor poderías dicir que é unha emoción positiva; que pensas cousas boas; que sintes alegría e calma, aínda que tamén estás despistado; que fas moitas cousas como bicar, abrazar, rir, etc;
A casiña das emocións, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
ACTIVIDADE GRUPAL
4º) Finalmente faremos unha reflexión conxunta.
A próxima semana construiremos a nosa propia casiña con material reciclado.
Na vosa casiña colocaredes as vosas emocións e explicaredes o motivo que os levou a facelo.
Por exemplo: eu coloquei o amor na cociña porque penso que cando comemos na cociña e cociñamos o facemos con amor e enchería de bicos, de abrazos e ese tipo de adornos toda a estancia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario