lunes, 6 de septiembre de 2021

Lanzamento de frisbee

Iniciamos a mañá cos pratos voadores que construímos con material de refugallo e algunhas das nosas creacións artísticas. 

Sabías que este xogo xorde en América do Norte despois da Segunda Guerra Mundial -1946- cando os mozos empezaron a lanzar os moldes ou bases sobre os que repousaban as tortas dunha empresa pasteleira chamada “ Frisbien Pie Company”?


Esta semana organizamos varias actividades diferentes cos nosos frisbbes:

  • LANZAMENTO LIBRE: O alumnado lanzou libremente o frisbee ao aire con coidado de non facerse dano e non facer dano aos demais.
  • LANZAMENTO A DISTANCIA:  Pintouse un círculo na parede e o alumnado tentou que o seu frisbee caese dentro do círculo aumentando aos poucos a distancia á vez que se aumentaba a dificultade.




  • Pases co frisbee entre o alumnado :
    1. En parellas
    2. Todos xuntos



No hay comentarios:

Publicar un comentario