jueves, 2 de septiembre de 2021

Dúas habilidades sociais esenciais para relacionarse cos demais

chalkboard lightbulb

Na aula estamos a aprender cada día a relacionarnos cos demais. Ás veces xorden  discusións, enfados ou mesmo algún ou algunha  se deixa levar polos outros/as. 

Aínda que todo iso ocorre a miúdo, é importante que os nenos e as nenas aprendan a relacionarse dunha maneira eficaz, para ver reforzada a súa seguridade e autoestima. Dúas habilidades sociais esenciais para conseguilo son a empatía e a asertividade:

  •  A EMPATÍA é a capacidade de poñernos no lugar do outro, entenderlle e saber como sente. As persoas empáticas coñecen e manexan mellor as súas emocións, son máis sensibles, comprensivas, sociables e xenerosas. Outras calidades que posúen estas persoas son:  saber escoitar aos demais e entender os seus problemas e as súas emocións. 

  • A ASERTIVIDADE defínese como unha habilidade social que nos permite comunicarnos defendendo os nosos dereitos, de maneira clara e directa, tendo en consideración á outra persoa, sen ferir os seus sentimentos. A asertividade permítenos defendernos sen ansiedade e sen negar os dereitos dos demais.


Os propoño esta actividade:

1º) Mirade este CORTO


2º) Respondede estas preguntas 



Empatía y asertividad

3º) Imos pensar entre todos como poderían haber resolto de maneira mais sinxela os protagonistas do corto as súas diferencias. Son empáticos? Son asertivos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario