Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de marzo de 2022

PROPORCIONALIDAD INVERSA





Neste post imos ver o que é a regra de tres inversa e como resolver problemas con ela. Preparados/ as?

Temos 2 magnitudes (A e B) e vemos a relación que existe entre ambas. Para que se dea proporcionalidade inversa fai falta comprobar que se cumpren estas dúas regras:

  • Se A aumenta entón B diminúe. 
  • O que aumente unha é o que diminúe a outra. 

Isto é, por exemplo, que se A dóbrase, B redúcese á metade. Ou se B triplícase, A redúcese nun terzo. Se se cumpren ambas as regras a proporción entre as dúas magnitudes é inversa. 

 Vexámolo nos exemplos deste vídeo:



 


Pois agora podes entrar no teu usuario de Liveworksheet, entrar no cartafol de primeiro da ESO e realizar algunha práctica

jueves, 2 de septiembre de 2021

Dúas habilidades sociais esenciais para relacionarse cos demais

chalkboard lightbulb

Na aula estamos a aprender cada día a relacionarnos cos demais. Ás veces xorden  discusións, enfados ou mesmo algún ou algunha  se deixa levar polos outros/as. 

Aínda que todo iso ocorre a miúdo, é importante que os nenos e as nenas aprendan a relacionarse dunha maneira eficaz, para ver reforzada a súa seguridade e autoestima. Dúas habilidades sociais esenciais para conseguilo son a empatía e a asertividade:

  •  A EMPATÍA é a capacidade de poñernos no lugar do outro, entenderlle e saber como sente. As persoas empáticas coñecen e manexan mellor as súas emocións, son máis sensibles, comprensivas, sociables e xenerosas. Outras calidades que posúen estas persoas son:  saber escoitar aos demais e entender os seus problemas e as súas emocións. 

  • A ASERTIVIDADE defínese como unha habilidade social que nos permite comunicarnos defendendo os nosos dereitos, de maneira clara e directa, tendo en consideración á outra persoa, sen ferir os seus sentimentos. A asertividade permítenos defendernos sen ansiedade e sen negar os dereitos dos demais.


Os propoño esta actividade:

1º) Mirade este CORTO


2º) Respondede estas preguntas 



Empatía y asertividad

3º) Imos pensar entre todos como poderían haber resolto de maneira mais sinxela os protagonistas do corto as súas diferencias. Son empáticos? Son asertivos?