jueves, 23 de septiembre de 2021

A Casiña das Emocións

Hoxe no noso reconocemento emocional imos facer un xogo que se chama A Casiña das Emocións, para poder entender como funcionan as emocións básicas
 
A casiña  vai ter diferentes estancias que se corresponden a cada unha das emocións. As vosas  casiñas  serán  diferentes xa que cada un de vós  vive e experimenta as emocións  de maneira diferente. O importante é que todas elas forman a nosa casiña e  sen elas faltaríanos algunha estancia na nosa vivenda

Recordade  que as emocións son parte de nós, todos temos emocións e  non podemos evitar sentir cousas.


PASOS :Bitmoji Image

A) Tedes que entrar no voso usuario/a de Liveworksheets

B) Facer a actividade individual no ordenador

C) No patio exterior participar na actividade grupal

ACTIVIDADE INDIVIDUAL

Imos facer esta folla de traballo interactiva que ten os seguintes apartados:

1º) Unimos con frechas cada emoción coa súa cor 

2ª) Despois cada un colocará na súa casa as diferentes emocións na estancia que cada un elixa

3º) Falamos de cada emoción. 

Por exemplo, no caso do amor  poderías dicir que é unha emoción positiva; que  pensas cousas boas; que sintes alegría e calma, aínda que tamén estás despistado; que fas  moitas cousas como  bicar, abrazar, rir, etc;


ACTIVIDADE GRUPAL 

4º) Finalmente faremos unha reflexión conxunta. 

A próxima semana construiremos a nosa propia casiña con material reciclado.

Na vosa casiña colocaredes  as vosas emocións  e explicaredes  o motivo que os levou a facelo. 

 Por exemplo: eu coloquei o amor na cociña porque penso que cando comemos na cociña e cociñamos o facemos con amor e enchería de bicos, de abrazos e ese tipo de adornos toda a estancia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario