viernes, 19 de noviembre de 2021

O eclipse lunar parcial de hoxe


O eclipse lunar parcial desta mañá coincide coa lúa chea e comezou ás 7.02 de hoxe (hora na España peninsular). 

O satélite estivo tan preto do Sol no ceo que pasou pola parte sur da sombra da Terra para unha eclipse lunar case total. Cunha duración de pouco máis de seis horas, o seu paso a través da parte máis escura da sombra da Terra, prolongouse durante 3 horas, 28 minutos e 23 segundos, segundo informa Space. com.

Imaxino que non puidestes velo así que aquí tedes unha imaxe e un vídeo



 

E estas son algunhas das actividades que imos facer sobre a lúa e o cine mudo. Preparados/as?

Qué sabedes da lúa?
A lúa móvese


 Que opinades do cine mudo?








jueves, 18 de noviembre de 2021

Xogo do círculo máxico do poder

Bitmoji Image
Esta actividade é clave no Programa Tienes Talento porque nela cada un de vos  escoitará primeiro a opinión das vosas familias, profesoras/es, amigos/as e compañeiras/os da Cibercaixa Mallos sobre os vosos talentos e expoñerá posteriormente a súa opinión respecto diso. 

serenade
Os pasos da actividade que seguiremos:

1. Hoxe presenteivos a actividade explicando cal é a súa finalidade (coñecer a opinión que os demais teñen sobre cada un de vos) e a súa importancia dentro do programa. 



2. Seguidamente na aula faremos a dinámica: o abanico. 

a.- Cada participante  forma un abanico cunha folla de papel que entregareille impresa. Este é o modelo:


 

b.- O abanico pasará  de man en man e cada un de vos escribirá  unha frase descritiva sobre a forma de ser  e as cousas que se lle dan ben a persoa cuxo nome figura no encabezamento.

 Ex: É moi simpático. Dáselle moi ben debuxar


 

POR FAVOR, NON MIREDES  O QUE PUXERON OS DEMAIS. Antes de escribir lembrade valores como o RESPECTO, a CONSIDERACIÓN e a  MODERACIÓN. 
Unha vez que completedes  o abanico de cada neno/a , devólvense os abanicos aos seus “donos/as”.




3. Seguidamente entregareivos impresa  unha folla de traballo que ten  as seguintes preguntas: Como son? Cales son os meus talentos e capacidades? Que é o que che gusta de min?

4.  Unha vez respondidas todas as preguntas polos vosos compañeiros/as da CiberCaixa Mallos e eu mesma, levaredes esta folla a casa, e a o colexio  para facer as mesmas preguntas a vosa familia e os vosos mestres.

5. Traeredes a folla cuberta e na aula da CiberCaixa faremos unha asamblea. Un de vos se situará no centro  e irá lendo o que os demais lle escribiron  no súa folla de traballo. A continuación, esta persoa opinará sobre os seus propios talentos e capacidades.

 6. Cada un de vos poderá ler a súa folla de traballo, cada presentación pode concluír cun aplauso.

 Bitmoji Image


miércoles, 17 de noviembre de 2021

Expresamos emocións facendo percusión corporal

Expresamos as nosas emocións a través da música facendo golpes suaves en partes do corpo!! 
Bitmoji Image
Como sabedes, a percusión corporal é unha disciplina presente desde a prehistoria e que consiste en crear ritmos e sons a través do propio corpo. 


Toda cultura ten tradicións de percusión corporal e esta pódese utilizar para acompañar música ou como unha coreografía. Utilízase para elo movementos como o de aplaudir, chascar os dedos, fregar as mans, as coxas, golpear o chan cos pés e todas as combinacións que se nos poidan ocorrer.

 Estades preparados?


Bitmoji Image


music



martes, 16 de noviembre de 2021

Spirit

 Bitmoji Image


Esta semana empezamos a ver  la película Spirit y nos está gustando  mucho casi tanto como dibujar

¿Qué os parece dibujar al caballo protagonista de esta peli?















Gran trabajo! 

tight!







Xogos de Teatro e Mímica

O teatro é unha actividade que vai propiciar a capacidade de relacionarvos e o desenvolvemento físico. A través do teatro, ides ser capaces de perder a timidez  e adquiriredes  a confianza que necesitades para crear vínculos persoais no día a día. 
opera box

Xogos de Teatro e Mímica propostos

Quecemento: Rompendo o Xeo

Empezamos traballando por parellas! Imos realizar unha actividade de mímica. Un dos membros da parella vai imitar a un animal por medio da mímica. Ao non poder emitir sons,   improvisaredes  e teredes que  esforzaros por expresar mediante xestos e movementos o animal que estades a representar para o voso compañeiro/a.

Un momento sen palabras: 

Elixir un momento do día no cole ou no comedor  e dramatizalo sen palabras poñéndolle música de fondo. 
motorbike ride
Recordos do verán: 

Empezamos a traballar todos xuntos. Imos colocar nunha caixa  papeliños con diferentes palabras. O obxectivo é relatar algo bonito que fixemos durante as vacacións na CiberCaixa ou algún momento que o pasáramos moi ben en familia. Mentres, algún compañeiro/a sacará durante ese relato palabras da caixa, as cales teredes que incorporar de inmediato no voso relato.
 




 




Historia sonora:

Con diferentes elementos cos que se poidades facer son, inventar unha secuencia. O resto terá que adiviñar de que se trata. 

O/A vendedor/a 

Tomar calquera obxecto que teñamos na aula  e improvisar a venda do mesmo, pero cunha función diferente á real. Por exemplo: Un balón pode ser xoia moi valiosa que tedes que intentar vender aos vosos compañeiros/as.

Escena muda 

Hai que representar unha historia ou unha acción cotiá na aula cun conflito pero sen falar (podemos poñer música de fondo ao mellor estilo cinema mudo). O/A que observa ten que adiviñar que sucede.

lunes, 15 de noviembre de 2021

Os museos científicos da Coruña celebran a Semana da Ciencia do 15 ao 21 de novembro

A Semana da Ciencia nos Museos Científicos Coruñeses comezará este ano o luns 15 de novembro. Ata o domingo 21 a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta.


En previsión dunha importante afluencia de público durante esta semana, e para facilitar o acceso, recoméndaselles ás persoas que desexen visitar os Museos Científicos que realicen unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de 3 días de antelación nas seguintes ligazóns:


AGORA TI



Agora imos comprobar se capturamos a información do texto na nosa cabeza. Ti que pensas, entendíchelo todo ou non?  Podedes comprobalo na seguinte ligazón: Semana da Ciencia



jueves, 11 de noviembre de 2021

Os hábitos de hixiene para manter boa saúde

 

Neste vídeo educativo animado, se fala sobre o importante que son os hábitos de hixiene para manter boa saúde, desde bañarte diariamente, lavar as túas mans e cepillar os teus dentes.




Agora imos traballar un pouco:



Los hábitos de higiene