jueves, 18 de noviembre de 2021

Xogo do círculo máxico do poder

Bitmoji Image
Esta actividade é clave no Programa Tienes Talento porque nela cada un de vos  escoitará primeiro a opinión das vosas familias, profesoras/es, amigos/as e compañeiras/os da Cibercaixa Mallos sobre os vosos talentos e expoñerá posteriormente a súa opinión respecto diso. 

serenade
Os pasos da actividade que seguiremos:

1. Hoxe presenteivos a actividade explicando cal é a súa finalidade (coñecer a opinión que os demais teñen sobre cada un de vos) e a súa importancia dentro do programa. 



2. Seguidamente na aula faremos a dinámica: o abanico. 

a.- Cada participante  forma un abanico cunha folla de papel que entregareille impresa. Este é o modelo:


 

b.- O abanico pasará  de man en man e cada un de vos escribirá  unha frase descritiva sobre a forma de ser  e as cousas que se lle dan ben a persoa cuxo nome figura no encabezamento.

 Ex: É moi simpático. Dáselle moi ben debuxar


 

POR FAVOR, NON MIREDES  O QUE PUXERON OS DEMAIS. Antes de escribir lembrade valores como o RESPECTO, a CONSIDERACIÓN e a  MODERACIÓN. 
Unha vez que completedes  o abanico de cada neno/a , devólvense os abanicos aos seus “donos/as”.




3. Seguidamente entregareivos impresa  unha folla de traballo que ten  as seguintes preguntas: Como son? Cales son os meus talentos e capacidades? Que é o que che gusta de min?

4.  Unha vez respondidas todas as preguntas polos vosos compañeiros/as da CiberCaixa Mallos e eu mesma, levaredes esta folla a casa, e a o colexio  para facer as mesmas preguntas a vosa familia e os vosos mestres.

5. Traeredes a folla cuberta e na aula da CiberCaixa faremos unha asamblea. Un de vos se situará no centro  e irá lendo o que os demais lle escribiron  no súa folla de traballo. A continuación, esta persoa opinará sobre os seus propios talentos e capacidades.

 6. Cada un de vos poderá ler a súa folla de traballo, cada presentación pode concluír cun aplauso.

 Bitmoji Image


No hay comentarios:

Publicar un comentario