Os pasos da actividade que seguiremos:
1. Hoxe presenteivos a actividade explicando cal é a súa finalidade (coñecer a opinión que os demais teñen sobre cada un de vos) e a súa importancia dentro do programa.
2. Seguidamente na aula faremos a dinámica: o abanico.
a.- Cada participante forma un abanico cunha folla de papel que entregareille impresa. Este é o modelo:
b.- O abanico pasará de man en man e cada un de vos escribirá unha frase descritiva sobre a forma de ser e as cousas que se lle dan ben a persoa cuxo nome figura no encabezamento.
Ex: É moi simpático. Dáselle moi ben debuxar
POR FAVOR, NON MIREDES O QUE PUXERON OS DEMAIS. Antes de escribir lembrade valores como o RESPECTO, a CONSIDERACIÓN e a MODERACIÓN.Unha vez que completedes o abanico de cada neno/a , devólvense os abanicos aos seus “donos/as”.
3. Seguidamente entregareivos impresa unha folla de traballo que ten as
seguintes preguntas: Como son? Cales son os meus talentos e capacidades? Que é o que che gusta de min?
4. Unha vez respondidas todas as preguntas polos vosos compañeiros/as da CiberCaixa Mallos e eu mesma, levaredes esta folla a casa, e a o colexio para facer as mesmas preguntas a vosa familia e os vosos mestres.
5. Traeredes a folla cuberta e na aula da CiberCaixa faremos unha asamblea. Un de vos se situará no centro e irá lendo o que os demais lle escribiron no súa folla de traballo. A continuación, esta persoa opinará sobre os seus propios talentos e capacidades.
6. Cada un de vos poderá ler a súa folla de traballo, cada presentación pode concluír cun aplauso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario