martes, 30 de noviembre de 2021

Artur e Clementina

On my way

Como sabedes o 25 de novembro de cada ano conmemórase o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres”. Na CiberCaixa Mallos estamos a facer diversas actividades relacionadas adaptadas ao nivel do alumnado de cada ciclo.

Para o primeiro ciclo de primaria a lectura elixida é «Artur e Clementina», que trata de dúas tartarugas namoradas que deciden compartir a súa vida. Clementina é alegre, vivaz e soñadora e Artur carga sobre a súa coiraza a  responsabilidade de mantela e ofrecerlle todo o que el considera valioso. Pero os criterios de ámbolos dous  son moi diferentes. Mentres Clementina quere sentir a arte e a vida creando, Artur só valora a cultura xa consagrada e rise da "inxenuidade” da súa compañeira ao querer desenvolver distintas actividades artísticas. Clementina vai cargando nas súas costas os prexuízos e inseguridades do seu marido, ata verse totalmente aprisionada. 

Cando Clementina foxe desa protección asfixiante, Artur non entende como ela rexeita todos os seus esforzos por brindarlle unha vida regalada e chea de obxectos valiosos.

Escoitade a historia aquí:

 

Agora podedes traballar o conto aquí:



Arturo y Clementina

MANUALIDADE

Imos construír a Clementina. Na seguinte imaxe podedes ver como podedes facelo:


Actividade en proceso




DEBUXO


Propuxémonos o reto de debuxar a Arturo. Que tal? Pois aquí están os pasos. Se tedes preto un bote redondo, o comezo será máis fácil aínda Preparados/ as?



No hay comentarios:

Publicar un comentario