miércoles, 13 de octubre de 2021

No Samaín todo pode acontecer

halloween candy

Esta semana no obradoiro artístico fixésteedes moitas preguntas sobre Samaín polo que imos coñecer mais cousas sobre esta festa.

1º) Lemos entre todos este conto "O noso Samaín"


2) Entramos no noso usuario e contrasinal de Liveworksheet e realizamos as seguintes actividades:

Primeiro ciclo de primaria



O noso Samaín, an interactive worksheet by sara_prof
liveworksheets.com

Segundo ciclo de primaria

No Samaín, an interactive worksheet by iconcepcion
liveworksheets.com

lunes, 11 de octubre de 2021

Dous proxectos artísticos en Samaín

Bitmoji Image

Que é Samaín?

A finais de outubro os antigos pobos celtas adoitaban realizar unha gran cerimonia para conmemorar «o final da colleita». Esta festa foi bautizada coa palabra gaélica de « Samhain». (O significado etimológico é «o final do verán».) Isto é porque durante esta celebración despedíanse de Lugh, deus do Sol. 

Esta festividade marcaba o momento en que os días se ían facendo máis curtos e as noites máis longas. De feito o ano céltico concluía o 31 de outubro, no outono, cuxa característica principal é a caída das follas. Para eles significaba o fin da morte ou iniciación dunha nova vida.

Desta maneira os  celtas, do mesmo xeito que moitas culturas prehispánicas, crían que en Samhain os espíritos dos mortos regresaban a visitar o mundo dos mortais.

Que pensades vos? 

Que imos facer nos para celebralo?

Imos gozar o festivo pintando no patio exterior para celebrar o outono e o Samaín. Que tal? 

 1) Primeira proposta

Siiiii! Está escrita en francés... Así os maiores podedes practicar a língua francófona 😅un  pouquiño. Atrevedesvos?





2) Segunda proposta:

Imos empregar o estarcido, tamén chamado esténcil (do inglés Stencil), unha técnica artística de decoración  na que un padrón ou modelo cun debuxo recortado é usada para aplicar pintura, lanzándoa ao redor de devandito recorte, obténdose un debuxo con esa forma. Usaremos pinceis e outras ferramentas tales como vaporizadores, rodetes, esponxas... para conseguir efectos chulos e moi divertidos.






viernes, 8 de octubre de 2021

O tótem do morcego

 bird friends

Acordádesvos de que esta semana escoitamos unha adaptación do relato sobre un morcego escrito por Galeano? Como sabedes o conto pertence á triloxía  "Memoria del fuego" onde Galeano relata por igual os feitos históricos e as lendas latinoamericanas, polo que a súa pretensión é ser un exemplo escrito da tradición oral dos pobos indíxenas latinoamericanos.

 A través do relato do morcego que escoitamos démonos conta da especial importancia que tiñan os animais para as culturas indíxenas  aos que admiraban e dos que dependían para a súa supervivencia, por iso formaban unha parte fundamental dos seus mitos, crenzas e costumes.

Quen son os indíxenas?



CREAMOS OS NOSOS TÓTEMS

Que é un tótem?



Sabedores da importancia que teñen os animais nas culturas indíxenas tentaremos crear o tótem do morcego  a partir dos seguintes materiais: 

  • rolo de papel hixiénico 
  • pintura acrílica de cores 
  • pinceis 
  • abelorios 
  • pegamento 
  • tesoira 
  • bolsa negra reutilizada 



 
E así están quedando:



jueves, 7 de octubre de 2021

miércoles, 6 de octubre de 2021

O morcego

Bitmoji Image

Hoxe no noso recoñecemento emocional imos escoitar unha adaptación da historia dun morcego que escribiu Eduardo Galeano

1) ESCOITA



Este conto que se titula "O morcego" pertence ao  libro de relatos "Memoria del fuego" de Eduardo Galeano.  Un conto do que poderás sacar moitas reflexións  na folla de traballo que tes a continuación.  

2) PENSA


a) Entrade no voso usuario de Liveworksheet

b) Facede esta folla de traballo

 

3) CREA



Despois de escoitar o conto e reflexionar sobre o seu contido fixemos este bonito proxecto artístico con material reutilizado e ceras Manley

MATERIAIS:

-Ceras brandas
-Posters reciclados
-Bolsa negra reutilizada
-Tesoiras
-Pegamento

martes, 5 de octubre de 2021

Técnicas de relajación para volver a la calma

deep breaths





Os comparto estas bonitas ilustraciones de Pictorina para repasar algunas de la técnicas de relajación que hemos aprendido y podáis volver a la calma por vosotros/as mismos/as.

Podéis practicar con la que más os guste o dibujar vuestro propio truco para calmaros después de un enfado.

1º) Observa las siguientes imágenes 👇


2º) Ahora te toca a ti. ¿Cuál es tu truco para relajarte?






 

Vuestras creaciones e ideas para calmaros










lunes, 4 de octubre de 2021

A máquina de restar levando

math
Encántanos facer tarefas de clase de forma diferente, así  parécennos máis fáciles e divertidas. 

Hoxe empregamos a máquina de restar levando!!

En que consiste esta máquina?


OBXECTIVO 

Iniciar ao alumnado de 2º de primaria en actividades e experiencias coas restas  levando  así como desenvolver estratexias de subtracción que requiren manipulación directa. 

MATERIAIS 

Cartón reutilizado( caixa de pizza ), folla de plástico, rotulador de encerado e folla de cores

COMO XOGAMOS?

 Pódense traballar diferentes tipos de actividades variando os problemas e o modo de executalos, máis aló da clásica resta "teño X elementos e quítanme tantos".



EXEMPLOS DE ACTIVIDADES:

Podemos facer restas con levadas expondo casos prácticos reais como os seguintes:

Problemas de restas con llevadas