Despois de visualizar o vídeo realiza a seguinte actividade picando na imaxe:
Autoestima
Autoestima
A árbore da autoestima
Seguidamente imos tratar de facer a nosa árbore da autoestima.
Esta actividade pon en xogo capacidades fundamentais de tipo cognitivo, emocional e conductual, como
a imaxinación, o autoconocimiento, a confianza persoal, a autoestima e tamén a autopercepción, xa que
cada un de vos debe responder as seguintes preguntas:
- Como son eu? RAÍCES (Valores e calidades)
- Que me gusta? Que quero? RAMAS (Gustos e habilidades)
- Que conseguín? FROITOS (Logros)
Para iso,
é necesario definir os desexos propios e a forma de lograr facelos realidade.
Fíxate moi ben na explicación e ten en conta que é diferente o que tes que poñer nas raíces, as ramas ou os froitos:
- As raíces representan os nosos valores e calidades. Deben estar ben arraigadas e suxeitas ao chan. Se unha árbore enraiza firmemente nun chan fértil, crecerá san, forte e dará froito. Se as raíces son débiles, non poderá desenvolverse e mostrar todo o seu potencial. Neste apartado debemos escribir todas as calidades que teñamos, tamén as físicas. Son xeneroso? Leal? Creativo tal vez? Teño uns ollos bonitos? Sorrío e son alegre?
- As ramas, se crecen sas, son as que nos permitirán conseguir os froitos. Aquí debemos apuntar todas as cousas que se nos dan ben ou nas que pensamos que nos gustan . Dáseme ben cantar, escoitar aos demais, xogo ben ao fútbol, falo moi ben en público, dánseme ben as matemáticas, teño moita imaxinación, son boa escribindo, fago uns debuxos xeniais etc.
- Por último, pero non menos importante, atopamos os froitos, eses que tanto nos custou conseguir, que teñen a súa base nas raíces e requiren das ramas para poder darse. Non teñen por que ser grandes xestas, abonda con que sexan cousas importantes para nós. Aprobei esta materia tan difícil para min, superei o medo ás alturas, aprendín a montar en bicicleta sen as rodas pequeniñas, saquei adiante un proxecto complicado, fun capaz de dicirlle a esta persoa o que pensaba, terminei a primaria con boas notas, conseguín entrar no equipo, …
Que é a autoestima?, una ficha interactiva de sara_prof
liveworksheets.com
liveworksheets.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario