jueves, 12 de agosto de 2021

A mellor noite para ver as Perseidas é hoxe

O tempo acompañará este ano a chegada dun dos fenómenos máis rechamantes do verán!!!!!

O ceo nocturno vive esta semana un dos eventos máis sinalados do ano. As Perseidas tinguen as noites de agosto coas súas estrelas fugaces nun espectáculo polo que merece a pena que quededes  pola noite un ratiño mais espertos/as. 

 As Bágoas de San Lorenzo, como tamén se coñece esta choiva de estrelas, pódese ver en Galicia con maior intensidade a partir do  mércores 11 e ata o sábado 14 de agosto. 

A mellor noite para ver as Perseidas é o día 12, é dicir, hoxe. 




A TER EN CONTA 

  •  A contaminación lumínica das cidades e os núcleos urbanos fai moi difícil gozar do firmamento. O mellor é buscar lugares escuros, sen poboacións próximas e con pouca vexetación. O mapa de polución permite comprobar as áreas de Galicia coas mellores condicións para observar o ceo. 
  •  Na Coruña é complicado atopar zonas recomendables para vivir esta experiencia baixo as estrelas. Desde a Agrupación Astronómica Coruñesa suxiren buscar unha cala ou unha zona costeira sen casas nin poboación preto.
  •  Iso si, lembrade que para quen viva a súa primeira escapada astronómica, ademais dunha manta para o chan, é vital ir ben abrigado, sobre todo nos pés e a cabeza. Para ter máis posibilidades de atopar corpos fugaces recoméndase mirar en ángulo de 45 ou 90 graos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario