viernes, 27 de agosto de 2021

Un veleiro noruegués de 1914 chegará ao porto este sábado

 


ONDE E CANDO

O veleiro noruegués Statsraad Lehmkuhl arribará MAÑÁ sábado ao peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña ás 11.00 horas.

A expedición decidiu manter a súa escala na cidade, a cal estaba prevista no marco da Tall Ship Races que se cancelou debido á pandemia. Desde o acuario de Bergen, Noruega, construíuse unha instalación con grandes pantallas para seguir a expedición que tamén poderá observarse desde as redes sociais. O goberno noruegués, líderes da comunidade científica, socios do sector público, académico e empresarial colaboraron coa travesía do buque Statsraad Lehmkuhl. 

QUE FAI?


 O barco fai parte da expedición One Ocean que pretende investigar a situación actual dos océanos. A travesía comezou o 20 de agosto cando o buque partiu desde Arendal, Noruega, para dar unha volta ao mundo en 20 meses, 55.000 millas e 36 portos. 

No barco viaxan 122 persoas, entre científicos, alumnos e integrantes de distintos organismos de Nacións Unidas relacionados coa biodiversidade e o desenvolvemento sostible. 


COMO É?


 A embarcación, de 98 metros de eslora, foi construída en Alemaña en 1914 e foi adaptado para esta aventura. Trátase dun buque singular porque conxuga o mellor das súas liñas clásicas con equipamentos de última xeración como sensores para medir a calidade da auga e o dióxido de carbono en liña, ecosondas científicas ou sistemas de cámaras e hidrófonos. 


O SEU FUTURO


O veleiro converterase nunha universidade flotante, pretende servir como plataforma para solicitar nova información sobre o estado do océano, co obxectivo de obter perspectivas para preservar o medio mariño. 

CANDO MARCHA?

A embarcación estará ata o domingo na Coruña e partirá rumbo a Lisboa, logo dirixirase aos portos españois de Cádiz e As Palmas para seguir cara ao Caribe. 

OUTRO BARCO 


 O porto da Coruña non só recibirá ao veleiro noruegués, tamén está previsto a atracada da goleta vasca Athyla. Trátase dunha embarcación de dous paus e 31 metros de eslora. O barco foi construído en 1984 con madeira. Desde o 2014 navega por todo o mundo e visita regatas de barcos clásicos. Chegará á cidade co apoio da Asociación Juan de Lángara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario