Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de diciembre de 2021

Percusión corporal de Nadal


 

A percusión corporal é unha disciplina presente desde a prehistoria e que consiste en crear ritmos e sons a través do propio corpo. 

Toda cultura ten tradicións de percusión corporal e esta pódese utilizar para acompañar música ou como unha coreografía.

Por unha banda, fomenta a aprendizaxe de elementos básicos da linguaxe musical como as distintas propiedades do son: timbre, altura, intensidade e duración ademais do ritmo, o tempo e a métrica. Doutra banda, axuda a coordinar o movemento e desenvolver as actividades motrices fundamentais.

A percusión corporal tamén estimula o cerebro, axuda en diversos procesos neurolóxicos como a atención, a memoria, a concentración e capacidades para a linguaxe ou a matemática e fomenta o traballo en equipo e a integración.

Que vos parece facer algún exercicio de percusión corporal coas cancións navideñas por excelencia? 

 





Aquí tedes mais propostas:


miércoles, 22 de diciembre de 2021

Unha estrela de Nadal e unha postal

 



ESTRELA 

A petición dunha das usuarias da CiberCaixa fabricamos una estrela moi moi grande e moi moi chula:

Estas son as instruccións para facela:


E así quedou de bonita



POSTAL DE NADAL




A petición dun dos usuarios da CiberCaixa Mallos construímos unha postal 












viernes, 17 de diciembre de 2021

A historia do Apalpador

hiking

Onde vive o Apalpador?

 


Imos facer dúas actividades:

1) Un  mini libro de papiroflexia coa historia do Apalpador. 

Construimos os nosos minilibros e contamos a historia do Apalpador aos nosos compañeiros e compañeiras da CiberCaixa Mallos. Estade moi atentos/as porque seguiremos facendo mais xogos sobre o Apalpador.




2)  Un adorno para a árbore de Nadal 

Adornos do Apalpador para árbore de Nadal








Vídeo que explica como facer o mini libro:

   

 Podedes imprimir o mini libro e as manualidades aquí:




viernes, 10 de diciembre de 2021

Visita de Papá Noel ao Centro Cívico Os Mallos



Do 15 ao 18 de decembro de 18:00 a 20:00 horas, achégate ao Centro Cívico Os Mallos e poderás charlar un intre con Papá Noel.

A entrada é libre sen inscrición previa.

Cada menor participante terá que estar acompañado/a dunha persoa adulta durante a visita.


martes, 7 de diciembre de 2021

Coroa de Nadal

 




Por que se colocan coroas e grilandas na porta principal das casas durante o Nadal?


Segundo Desmond Morris,   escritor dun  libro que recolle a historia de moitas tradicións do Nadal,  a orixe da   grilanda que colgan na parte exterior da porta de entrada da súa casa moitas persoas, naceu na antiga Roma.

Os romanos intercambiabanse agasallos nas  celebracións do Aninovo,  entre o 31 de decembro e o 4 de xaneiro.  A gama de agasallos era ampla, pero orixinalmente consistía en ramas de “evergreens” (sempreverdes) que se chamaban “strenae” en homenaxe a Strenia, deusa da saúde. 

Usábanse as árbores chamadas coníferas (como os piñeiros, cedros, cipreses e abetos) porque resisten á dureza do inverno sen perder as súas follas, por iso denomínanse « sempreverdes» ( evergreen, en inglés).

 A forma de anel das grilandas para os romanos significaba a esperanza de que todo o ano reinase saúde no fogar.

QUEREDES SABER MÁIS SOBRE OS ROMANOS?