A percusión corporal é unha disciplina presente desde a prehistoria e que consiste en crear ritmos e sons a través do propio corpo.
Toda cultura ten tradicións de percusión corporal e esta pódese utilizar para acompañar música ou como unha coreografía.
Por unha banda, fomenta a aprendizaxe de elementos básicos da linguaxe musical como as distintas propiedades do son: timbre, altura, intensidade e duración ademais do ritmo, o tempo e a métrica. Doutra banda, axuda a coordinar o movemento e desenvolver as actividades motrices fundamentais.
A percusión corporal tamén estimula o cerebro, axuda en diversos procesos neurolóxicos como a atención, a memoria, a concentración e capacidades para a linguaxe ou a matemática e fomenta o traballo en equipo e a integración.
Que vos parece facer algún exercicio de percusión corporal coas cancións navideñas por excelencia?
Aquí tedes mais propostas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario