Despois de ver a película Soul tocou pensar un pouco. A actividade presentouse como unha proposta de visionado que foi acompañada dun debate sobre o
que os pareceu a película.
A peli Soul levounos nunha viaxe desde as rúas de Nova York aos reinos cósmicos para descubrir as respostas ás preguntas máis importantes da vida. Ás veces, a única maneira de atopar respostas é facendo as preguntas correctas.
Así que empezamos o debate facéndonos preguntas como as seguintes:
Algunha vez preguntácheste de onde proveñen a túa paixón, os teus soños e os teus intereses? Que é o que te fai ser… ti?
A FAÍSCA (CHISPA en castelán)
Démonos conta que o comenzo da peli os protagonistas de 'Soul' non entenden que significa a "faísca" (chispa en castelán). E nós tratamos de dilucidar que é y que non é a ...
! ! ! ! !
En primeiro lugar, tentamos entender o que non é faísca tendo en conta as reflexións dos protagonistas de Soul.
Joe pensa que a súa faísca é o seu amor polo jazz e que 22 atopará a paixón pola vida tocando un instrumento, aprendendo a bailar flamenco ou pintando sobre un lenzo.
Pero nós, grazas a 22, démonos conta de que a "faísca" non é unha actividade, nin un obxectivo vital, nin unha expresión artística.
En realidade "faisca" é o amor á vida. Tendo en conta as vivencias de 22 entendemos que "faísca" poden ser cousas tan sinxelas como sentir o vento na cara, experimentar a sensación do amor , sentir como o pulso se acelera cando corres ou o sabor incrible dun anaco de pizza.
Non obstante, esa "faísca" da que estivemos a falar non é só algo que 22 ten que entender, é tamén algo que moitos esquecemos demasiado a miúdo, absorbidos polo traballo ou obsesionados con alcanzar metas que confundimos coa felicidade.
Esta foi a folla de traballo que empregamos para reflexionar sobre esta incrible película.
Premede na seguinte imaxe
Película Soul
Imos construir os nosos propios instrumentos musicais? Queredes intentalo? Premede aquí para velos
No hay comentarios:
Publicar un comentario