Pois así de ben pasamos os últimos días antes de acaben as clases do cole. Debuxando, pintando, xogando o voleibol e facendo as derradeiras tarefas da escola.
Por que facemos traballos manuais na aula?
Os traballos manuais son unha das actividades máis beneficiosas, xa que permiten xogar e aprender á vez e fomentan capacidades que favorecerán o seu desenvolvemento, como a creatividade e a psicomotricidade fina.
O obxectivo é permitir que teñades un medio para plasmar a vosa imaxinación, o voso desexo creativo e as vosas emocións.
As actividades manuais potencian tamén a autonomía e a capacidade de organización. Antes de comezar a actividade debedes preparar o material e ter limpo o lugar de traballo e durante a creación artística debedes coidar das ferramentas que utilizades e recoller todas as cousas que empregades cando finalicedes.
Desta maneira, trabállanse hábitos e secuencias que vades necesitar para outras actividades como cociñar, reparar obxectos, organizar proxectos, etc.
Crear xera, ademais, un impulso á confianza nas propias capacidades e unha identificación co obxecto creado que fortalece a autoestima.
Mentres realizamos estas actividades puxemos cancións en YouTube cheas de ledicia como as nosas creacións artísticas.
E aquí tedes as nosas creacións con cores alegres coma nós . Empregamos acuarela e cartón reutilizado.
Esta semana a CiberCaixa Mallos celebramos o Entroido con diversos talleres para Infantil, Primaria e ESO. Fixemos marcadores de libros monstruosos con materiais reciclados que tiñamos por casa (calcetíns vellos, botóns, lazos ...). Confeccionamos máscaras con moitas flores de papel de cores e seguimos desenvolvendo a motricidade fina e grafomotricidade, aprendendo cores e letras... E por suposto, non podían faltar as sesións de maquillaxe de Entroido. Pasámolo moi ben. Bo Entroido a todas!