miércoles, 16 de junio de 2021

Un marcapáxinas de gato e acuarelas


Pois así de ben pasamos os últimos días antes de acaben as clases do cole. Debuxando, pintando, xogando o voleibol e facendo as derradeiras tarefas da escola.

Por que facemos traballos manuais na aula?

Os traballos manuais son unha das actividades máis beneficiosas, xa que permiten xogar e aprender á vez e fomentan capacidades que favorecerán o seu desenvolvemento, como a creatividade e a psicomotricidade fina. 

O obxectivo é permitir que teñades un medio para plasmar a vosa  imaxinación, o voso desexo creativo e as vosas emocións

 As actividades manuais potencian tamén a autonomía e a capacidade de organización. Antes de comezar a actividade debedes preparar o material e ter limpo o lugar de traballo e durante a creación artística debedes coidar das ferramentas que utilizades  e recoller todas as cousas que empregades cando finalicedes. 

 Desta maneira, trabállanse hábitos e secuencias que vades necesitar para outras actividades como cociñar, reparar obxectos, organizar proxectos, etc. 

 Crear xera, ademais, un impulso á confianza nas propias capacidades e unha identificación co obxecto creado que fortalece a autoestima.

Mentres realizamos estas actividades puxemos cancións en YouTube cheas de ledicia como as nosas creacións artísticas.

 

E aquí tedes as nosas creacións  con cores alegres coma nós . Empregamos acuarela e cartón reutilizado.







No hay comentarios:

Publicar un comentario